Publicado por : Adycto 9 de agosto de 2006

As últimas novas sobre a praga de incendios que está a vivir Galiza lévanos a varios puntos informativos. Por unha banda, o presidente do goberno español, Xosé Luis Rodríguez Zapatero, "interrompirá" as súas vacacións estivais para achegarse ata Galiza e comprobar, de primeira man, cal é a situación (tarde piaches). Por outra banda, o Goberno español ten solicitado aos Estados membros da UE, a través da Comisión Europea (CE) o envío de tres avións, cinco helicópteros e 20 camións especiales para la loita contra os lumes forestais (tarde piaches).


Portugal, pola súa banda, decidíu enviar onte, a pesares dos lumes contra os que están loitando no seu país, a Galiza 66 hombres e 20 vehículos para colaborar na loita contra os lumes.

Por último, que non menos importante, a través da páxina web
Arde Galiza lémbrasenos que hoxe 9 de agosto ás 20:30 horas na santiaguesa Praza de Cervantes e na Rúa Príncipe da cidade de Vigo hai convocadas senllas concentracións contra a prega de lumes que está a vivir Galiza.

Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -