Publicado por : Adycto 9 de agosto de 2006

A Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade da Vicepresidencia da Xunta pon o teléfono do voluntariado, 900 400 800, ao servizo do voluntariado na defensa do monte galego e manterao activo as 24 horas do día. Dende ese teléfono vaise coordinar todo o dispositivo de voluntariado en materia de incendios forestais e vanse intentar canalizar as innumerables mostras de axuda e solidariedade que se están a recibir en todas as áreas do Goberno galego, polas que a Xunta de Galicia expresa a súa máis sinceira gratitude a todas as galegas e os galegos.

Coa activación deste teléfono, o Goberno galego roga a toda a poboación que queira colaborar nestas labores que concentre neste número todas as súas chamadas, para dar os seus datos, para aportar suxerencias ou calquera outro tipo de colaboracións. Este número operaba antes coma o teléfono solidario da Dirección Xeral de Xuventude e agora reconvertirase para atender de forma ininterrompida todas as chamadas dos cidadáns relacionadas co dispositivo contra incendios forestais.

Ademais neste teléfono recolleranse todas as informacións que os cidadáns poidan aportar para contribuír ás investigacións policiais para acabar cos terroristas do lume.

6 Respostas ata o de agora.

  1. Anónimo dí:

    NON VALE PARA NADA...LEVO CHAMANDO UNHA HORA E NADA DE NADA

  2. Anónimo dí:

    Comunican todo o tempo

  3. Adycto dí:

    eu tamén tratei de comunicar con eles durante todo o día e non o conseguín...se non podes dar un servizo non o anuncies¡¡¡

  4. Anónimo dí:

    Mira tí se vai ser por aforrar pagar a factura da Telefónica que non funcione o Voluntariado...?

  5. Anónimo dí:

    Mira tí se vai ser por aforrar pagar a factura da Telefónica que non funcione o Voluntariado...?

  6. Adycto dí:

    o que pasa é que non puxeron ou ben xente ou ben liñas suficentes para atender as chamadas

Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -