Publicado por : Adycto 21 de xullo de 2006

Cando vexo a imaxe do presidente do goberno español tocado cunha "palestina" (chámase doutra forma pero así é como eu sempre a coñecín) pásanme pola cabeza moitas cousas. A primeira é que, independentemente do que un pense, un presidente do goberno ten que medir moito as súas intervencións e aparicións públicas, xa que, as repercusión que estas teñen son moi grandes. Con este punto de partida, a verdade é que non sei moi ben se o señor Zapatero (e os seus asesores) pensaron ben o da fotografía de marras. Se o pensaron ben e mediron as súas consecuencias, paréceme estupendo que un país da Unión Europea adopte unha postura clara ante un conflicto ante o que ninguén pode quedar calado pero, se como eu penso, a fotografía non é máis que un "calentón" de ZP o erro é monumental.

Pola súa banda, a postura do PP ante a posición do goberno español no conflicto do Líbano, calificando pouco menos que de "antisemita" a Zapatero paréceme, como non podía ser doutra forma, propio dun partido que trata, coa oposición permanente a todo o que fai o goberno, de facer unha, e valga a redundancia, unha oposición para a que, aínda que parezca incrible, todavía non están preparados. De tódolos xeitos haberá que ver como transcorren os acontecimentos durante estes días para comprobar, como dicía ao principio, se a actitude do goberno foi froito dun "calentón" ou dunha actitude meditada.

Cambiando radicalmente de tema, hoxe podemos leer no mundo, que no Reino Unido, o Centro para o Sexo e a Cultura deste país ten organizado o primeiro 'masturbathon' británico. Unha competición de masturbación destinada a recadar fondos para organizacións adicadas á educación sexual, segundo confirmaron os seus organizadores.

O evento, por chamalo dalgún xeito, será televisado pola cadena de televisión británica 'Channel 4' é está inspirado nunha competición similar que se realiza cada cinco anos na cidade estadounidense de San Francisco e que se chama 'masturbate-a-thon', sinalou o Centro para o Sexo e a Cultura do Reino Unido."Cada cinco anos centenares de persoas reúnense no mesmo lugar para masturbarse xuntos" e depositar donacións, explicou Zig Zag, a productora que vai a realizar o programa.
O concurso consistirá en batir o récord mundial rexistrado en Estados Unidos de oito horas e trinta minutos de onanismo. É dicir, conseguir o récord británico, explicou o Centro para o Sexo e a Cultura do Reino Unido. Por certo, todavía queda por establecer cómo se gaña o concurso e se nel poderán participar homes e mulleres indistintamente.

Cando leo esta información non podo parar de pensar o que sucedería se esto se fixese en España, restransmitido, como non, por Tele 5, presentado por Jesús Vázquez, e con concursantes do estilo dos de gran hermano, acompañados, coma non, por algún famoso de medio pelo con necesidade de sair na tele. Espero que non se copie o formato.

Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -