- Atrás »
- A CASA DA MIÑA AVOA
Publicado por : Adycto
19 de xullo de 2006
Antes de nada, dicir que a miña ausencia destes días está absolutamente xustificada: ando a ver se atopo curro que xa estou canso de estar no paro. En breve teredes unha entrada coa miña experiencia na busca de curro pero, polo de agora, teredes que conformaros cunha nova cultural agradable (non me apetece falar de cousas desagradables con esta calor).Por primeira vez un filme documental de participación galega chega ás salas comerciais dos Estados Unidos.
Por primeira vez un filme documental de participación galega chega ás salas comerciais dos Estados Unidos.Trátase de A Casa da miña Avoa, dirixido por Adán Aliaga e producido pola empresa coruñesa IB Cinema, que comeza o seu periplo ianqui o vindeiro 28 de xullo no Music Hall de Los Angeles (California), para logo estrearse noutras 27 salas dos Estados de Nova York, Florida, Arizona, Connecticut, Texas, Massachussets, Philadelphia, California... Prosegue así unha traxectoria de premios internacionais que se pode considerar como única na historia do documental feito no Estado.

A película foi premiada no Festival Internacional de Cine de Chicago no 2005, e foi gañadora do premio Joris Ivens do IDFA de Amsterdam e do premio do xurado no Festival Internacional de Miami no 2006. No mes de abril A casa da miña avoa conquistaba o Premio Especial do Xurado no Festival Hot-Docs de Toronto, o premio máis importante de Nortemamerica. Con este premio os productores deciden dar o paso de estrear nos Estados Unidos, e para iso contaron coa axuda do Consorcio Audiovisual de Galiza.
A casa da miña avoa conta a historia de Marina, unha nena de seis anos impulsiva e irreverente, e da súa peculiar relación con Marita, a súa anciá avoa. A rancia educación á que a señora somete á pequena provoca que esta se rebele contra ela e contra calquera que lle queira ditar maneiras. Ao longo de varios anos constrúese a vida dunha familia coas súas emocións e conflitos.
Por certo, se queredes ver algo novedoso dentro da escena galega non dubidedes en visitar a páxina de Bacana Produccións, calidade galega tamén na nosa escena teatral. Ademais, o deseño da páxina é caralludo. Visitádea.
Publicar un comentario