Publicado por : Adycto 6 de xullo de 2006

Durante moito tempo, de aquí a que se aprobe, o Estatuto vai a ser un tema recurrente en Xornalaberto xa que considero que é fundamental para o normal desenvolvemento do noso país. Na xornada de hoxe, como logo poderedes apreciar, o voceiro nacional do BNG e vicepresidente da Xunta de GALIZA, Anxo Quintana, lle da a Nuñez Feijoo unha de cal e outra de area, supoño que a sabendas de que o PP é unha forza política fundamental para a reforma do mesmo.

Deste xeito, Quintana considerou que a proposta do PP para a reforma do Estatuto de autonomía é «de segunda man, cutre e antiga en materia de financiamento», aínda que,preguntado pola petición do presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijoo, de que non se venda Galicia por unha palabra, en referencia a «nación», pois «os problemas identitarios pertenecen ao pasado», Quintana respondeu que lle parece «moi positiva a declaración».


En ton irónico, o dirixente nacionalista considerou que «vamos dando pasos importantes», pues, «ata hai pouco, o PP, sobre todo na súa dirección en Madrid, cada vez que se fala dunha cuestión como esta, dicía que se rompía a unidade de España e facía 'casus belli'».

Por isto, «se agora o señor Feijoo en Galiza -insistiu- pasa desa posición a considerar que non é importante, supoño que o considerará non crucial e aceptará que a nosa proposta finalmente saia adiante e así figure Galiza».

Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -