- Atrás »
- AS VACACIÓNS GALEGAS: DE TOURIÑO A SUÁREZ CANAL
Publicado por : Adycto
31 de xullo de 2006

Como en anos anteriores, os "donos" de San Caetano xa repartiron as súas vacacións de verán. Así, durante o mes de agosto, os doce departamentos do Goberno galego repartiranse os días de descanso de xeito que equipos integrados por entre dous e seis conselleiros encargaranse, por tramos de cinco días, de atender a xestión diaria e de afrontar as posibles incidencias que poidan surxir durante o mes.
O presidente, Emilio Pérez Touriño, disfrutará do mes completo acompañado pola súa muller, Esther Cid, os seus fillos e o seu neto na ría de Pontevedra, o seu habitual lugar de vacacións estivais, desde onde mantenrá contacto permanente co Goberno de garda.
Pola súa parte, o vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, espera iniciar os seus quince días de vacacións a partir do 6 de agosto. Estará acompañado por Cristina Cid e, cos seus xemelgos a punto de cumprir os seis meses, é de esperar que non opten por ningún desprazamento moi longo, senón por uns días tranquilos nos que disfrutar dos bebés.
Para o resto do Executivo galego, o mes de agosto se dividirá en tramos de cinco días (una fórmula xa utilizada polos anteriores gobernos de Fraguel): do 31 de xullo ao 4 de agosto, do 7 ao 11, do 14 ao 18 e do 21 ao 25. O día 28 todos haberán vultado ao traballo e o 31 celebrarán o primeiro Consello de la Xunta despois das vacacións.
O peor parado no reparto será o conselleiro do Medio Rural, Alfredo Suárez Canal, que non abandoará o seu posto en plena tempada de lumes e se manterá de garda durante todo o mes de agosto. Serán para todos as súas primeiras vacacións como conselleiros/as do goberno da Xunta, xa que, o ano pasado, apenas estaban aterrizando.
Publicar un comentario