Publicado por : Adycto 16 de maio de 2006


Hai tempo que quería escribir algo neste blog sobre o señor Quintana pero nunca atopo o momento, posiblemente, porque estou bastante desencantado da labor que o bipartito está a levar a cabo nestes 9 meses de goberno. Antes de comezar e, sen mala intención, vou a decir que paréceme moi divertido ter un presidente da Xunta de Galicia e un vicepresidente da Xunta de Galiza e que o paso moi ben cando vexo que hai Consellerías e Consellarías. O paso ben con isto porque, de tan ridículo que é, chega a facerme gracia. É ben triste que os dous partidos que van a levar a Galiza cara adiante-despois de ir de cú 16 anos- non sexa capaces de poñerse de acordo nen no nome do país no que vivimos.

Pero vamos ao que vamos. O artigo sobre o señor Quintana non é sobre a creación das Galescolas-que por certo parecécenme unha boa, aínda que insuficente iniciativa- senón sobre a súa participación, hai algúns días, no programa da Televisión de Galicia "Volver ao Rego", presentado por Xosé Luis Barreiro (o da Barreirada). Máis que sobre a súa participación, o comentario céntrase na absurda nota de prensa difundida polo seu departamento, ao día seguinte, sobre a presenza de Quintana no programita de marras.

Os erros na política comunicación da vicepresidencia da Xunta de Galiza son bastante habituais nos últimos tempos. Cando este departamento emite unha nota de prensa, debe de darse conta que o fai dende o goberno da Xunta de Galiza e non dende un partido político e que, por tanto, notas coma a do outro día (que podedes ver íntegramente pulsando en http://vicepresidencia.xunta.es/index.php?id=25&lista=1&canal=0&noticia=247) non deberían sair nunca dun gabinete de comunicación da Xunta.

A este caso, que non é máis que unha loa desmedida e absurda ao vicepresidente, hai que engadir outros máis graves como o da polémica cos alcaldes do pp do Salnés, no que nunha nota oficial da Xunta se lles calificaba como "hooligans populares" ( a nota completa a podedes ver pulsando en http://vicepresidencia.xunta.es/index.php?id=25&lista=1&canal=0&noticia=186).

En resumo, deixemos as notas de prensa para informar aos cidadáns e non para loar de xeito absurdo aos "cargos" ou para manter contendas políticas que deberían resolverse noutros foros. Seguiremos atentos ás notas de prensa de Vicepresidencia. Unha aperta a todos.

One Response so far.

  1. Anónimo dí:

    a verdade é que a nota é de película¡¡¡ Pero ¿que é Quintana? unha estrela da tele ou o vicepresidente

Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -