- Atrás »
- BOCHORNO NO CONGRESO
Publicado por : Adycto
11 de maio de 2006

Concluía o debate de totalidade sobre o proxecto de lei orgánica de modificación do Poder Xudicial. Intervía o portavoz socialista na recta final do debate e Martínez-Pujalte estaba en pé na fila de escanos conversando con outro diputado, polo que recibíu unha primeira chamada ao orde por parte de Marín. ¿Non podería estar no seu escano sentadiño, caladiño e, se non fose xa moito pedir, escoltando o que ten que decir outro deputado?.
O dirixente popular sentouse no seu escano pero continuou falando e facendo comentarios en elevado tono de voz, que resoaba considerablemente no hemiciclo. Marín chamoulle por segunda vez ao orde e advertiulle de que, en caso de facelo unha terceira vez, en aplicación do Regulamento do Congreso dos Deputados, sería expulsado do salón de plenos.
Ante a desobediencia de Martínez-Pujalte, chegou a terceira chamada ao orden e, a continuación, a invitación para abandoar o hemiciclo. O portavoz popular díxolle a Marín que non pensaba irse e o retou a "chamar á policía" para que o detiveran. Señor Pujalte, non está vostede nun bar cos seus amigos vendo o fútbol e competindo a ver quen é máis chulo, está vostede no Congreso dos Deputados falando co presidente da Cámara.
Piden a gritos a demisión de Alonso
Todo esto sucedía mentres o ambente caldeábase a medida que se achegaba o seguiente punto da orde do día, protagonizado polo ministro de Defensa, José Antonio Alonso, do que os deputados do PP pediro “a gritos” a súa demisión.
Despois de reiterados requerimientos de Marín, Vicente Martínez-Pujalte abandonou o hemiciclo entre aplausos dos deputados do seu grupo, con unha irónica reverencia aos bancos socialistas e ao a presidente. Despois de ser aplicada a sanción, Marín deu a palabra a Eduardo Zaplana, quen denunciou que non existía "ningún tipo de proporción" entre o ocurrido no hemiciclo e a sanción imposta, e anunciou unha iniciativa do seu grupo para que Marín sexa reprobado.
Publicar un comentario