Publicado por : Adycto 7 de febreiro de 2006

Federico Trillo-Figueroa Martínez-Conde, para moitos o ministro máis divertido da era Aznar, naceu en Cartaxena (Murcia), e está a piques de cumprir 54 anos. Casado e con cinco fillos é Licenciado en Dereito pola Universidade de Salamanca. Doctor en Dereito pola Universidad Complutense de Madrid. Letrado do Consello de Estado dende 1979. Avogado do Colexio de Madrid dende 1980. Xurídico da Armada dende 1974 ata 1983. En 1989 retirouse como Comandante por incompatibilidade coa actividade política (que lle daba moita máis pasta).

Coordinador Xeneral da Refundación do Partido Popular desde 1989 hasta 1990. Deputado Nacional por Alicante nas Lexislaturas IV, V, VI, VII e VIII. Vicepresidente do Congreso dos Deputados durante as Lexislaturas IV e V. Portavoz de Xustiza e Constitucional do Partido Popular e Comisionado ante o Tribunal Constitucional desde 1991 ata 1996. Presidente do Congreso dos Deputados e das Cortes Xenerales na Lexislatura VI. Ministro de Defensa dende o 28 de Abril de 2000 ata Marzo de 2004. Patrono da Fundación para o Análise e os Estudos Sociais (FAES). Presidente do Comité de Dereitos e Garantías.

Este persoeiro, que moitos descubrimos como ministro de Defensa, conseguiu, en apenas 4 anos, poñer en contra do partido ao que pertence (PP), a unha boa parte dun voto que sempre pertenceu ao lado dereito do arco parlamentario: o voto do exército.

A súa actuación en casos como o do accidente do Yakolev 42, despreciando ás familias dos soldados españois mortos en actos de servizo ata o punto de facerlles enterrar, co Xefe do Estado (SM) presente e impoñendo condecoracións a título póstumo, ataúdes cubertos con bandeiras de España, nos que nos estaban os seus familiares mortos.

A súa actitude no conflicto aberto entre España e Marrocos pola crise de Perexil, os seus constantes erros na designación de altos cargos militares, etc. Por non falar da súa visita ao Vaticano (como moitos compañeiros de Goberno).

O descontento do exército con este ministro foi evidente en moitos casos (tampouco melloraron moito co cambio) pero, sen embargo, a cambio de ter que aguantalo durante eses anos, Trillo legounos un arquivo sonoro de estupideces que poucos político poden igualar en tan corto espazo de tempo (Fraga, Aznar, Acebes, Zapatero, Caldera, e poucos máis).

Aquí tedes algúns dos mellores (adicado a Juanán e ao seu pai):

-Trillo dice que, se lle deixaran, xa tiña tomado Perejil hai anos:http://www.cadenaser.com/player.html?audioFile=20040221csrcsrnac_3.Aes

-Trillo imita a Alfonso Guerra, nunha cena mitin: http://www.cadenaser.com/player.html?audioFile=20040221csrcsrnac_6.Aes

Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -