Publicado por : Adycto 4 de novembro de 2014

Ao #Matas metéronlle 8 anos de caldeiro. Rebaixa de pena mediante, a cousa quedou en 9 meses. O tipo pasou 3 meses dentro e xa está na rúa. A Constitución Española, da que algúns aínda presumen, dí no seu Artigo 1: "España se constituye en un Estado social y democrático de Derecho, que propugna como valores superiores de su ordenamiento jurídico la libertad, la justicia, la igualdad y el pluralismo político". E claro, soa a #retranca pero ateigada de mala baba.
 
1.- social? Non hai máis que ver como as Políticas Públicas tiveron como principal obxectivo, nestes últimos anos, ao cidadán. Preferentes, Reforma Constitucional, Desafiuzamentos,...

2.- democrática? Que quere dicir pertencente á democracia. Esa doctrina política favorable á intervención do pobo no Goberno. Iso se tal cada catro anos. E votando mediante o sistema que eles montaron para gañar sempre. E fora disto cero. Nada de deixar votar para saber se os cataláns queren ser un país independente nin cousas polo estilo. 
http://politica.elpais.com/politica/2014/11/04/actualidad/1415099418_029388.html.
Que iso non é democracia, iso é populismo. Ou libertinaxe ou vai vostede a saber que cousa...

3.- de dereito?  Ou sexa, rexido por un sistema de leis e institucións ordeado en torno a unha constitución. Coño, este parece que sí. Pero  é simplemente un Estado de Dereito Formal. Só hai que ver o déficit de transparencia da democracia española segundo Transparencia Internacional, ou os casos de corrupción que temos a diario.
http://www.bolsamania.com/noticias/pulsos/espana-octavo-pais-del-mundo-con-los-politicos-mas-corruptos-segun-transparencia-internacional--616601.html

4.- liberdade? Non hai máis que ver este video e pensar na nova Lei de Seguridade Cidadán que está a piques de aprobarse.
https://www.es.amnesty.org/noticias/noticias/articulo/ley-de-seguridad-ciudadana-el-video-que-todos-los-parlamentarios-deberian-ver/
As liberdades están todas garantidas en España. Menos as dos pobres, os traballadores,...

5.- xustiza? Hai tanto exemplos que podedes acordar do que queirades. Por exemplo as novas tasas xudiciais que acaban cos máis elementais principios de igualdade ante a Xustiza.
http://politica.elpais.com/politica/2014/10/04/actualidad/1412378427_862166.html
Pero podemos falar tamén de casos concretos como Urdangarín, Matas, etc, etc, etc.

6.- igualdade? Con 4.526.804  parados rexistrados nas oficinas dos servizos públicos de emprego e con centos de miles de desafuizamentos dende que comenzou a #crise, por poñer un exemplo, falar de igualdade e ridículo.

7.- pluralismo político? Os da nosa xeración so vimos nestes últimos 20 anos un bipartidismo enfermizo que foi apodrecendo a, xa de por sí, débil democracia española. A decadencia do sistema político que agora mesmo hai en España algún día estudiarase nas escolas. E non precisamente para ben.

Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -