Publicado por : Adycto 11 de setembro de 2012

Xa chegou ao almanaque un deses días que quedan marcados con firmeza na memoria individual e colectiva. Hoxe é 11S e, coma en anos anteriores, todos lembraremos como vivimos ese acontecemento tan sinalado. Por certo, imaxinades como sería hoxe ese 11S co tema do twitter e da intercomunicación global? Pero o 11S non debería estar asociado só ao atentado contra o World Trade Center xa que é tamén unha data fundamental para todos os amantes da liberdade. Hoxe, hai 39 anos, o presidente chileno Allende morreu a mans das tropas dun golpista que pasaría tamén á historia: Pinochet.

E en Xornal Aberto queremos aproveitar a data de hoxe para recordar, non só o acontecido en USA hai 11 anos (remítovos ao post de Xornal Aberto do ano pasado "Dez anos do 11S"), senón tamén a figura dun gran político como foi Salvador Allende e dun discurso que pasou a historia, o que pronunciou o mesmo día de ser asasinado...Grande Allende!

 

One Response so far.

  1. JLMejuto dí:

    Como el año pasado, quiero recordar, ésta es la única publicación que en esta fecha recuerda a Salvador Allende.
    Gracias

Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -