Publicado por : Adycto 6 de setembro de 2012

Convocou Feijoo as eleccións para o 21 de outubro e a política galega acelerou o paso. A decir verdade, coido que con este adianto eleitoral o presidente colleu a todos co pé cambiado, incluído ao seu propio partido (aínda que menos). O adianto eleitoral feijoniano evitou o pucheirazo que cocinaban na "nécora", ese que ía reducir os deputados autonómicos de 75 a 61 pero outorgándolle todavía máis peso político as provincias orientais, as que menos peso demográfico teñen e maior rede caciquil posúen. 

O adinanto eleitoral feijoniano colleu ao PSdG preparando unhas primarias para elixir candidato á Xunta. Unhas primarias que xa non se celebrarán e que, de seguro, Pachi Vázquez agradece que quedaran no aire, aínda que haberá que ver se esta alegría por poder presentarse sen loita interna transfórmase en noite de coitelos dentro do seu propio partido se Feijoo repite maioría. O adianto eleitoral feijoniano colleu ao BNG no momento máis baixo dos últimos anos, non só porque leva 12 anos perdendo votos, senón porque por primera vez en moitos anos, o espectro de voto nacionalista aparece dividido con dúas escisións dentro do BNG (Irmandiños e Máis Galiza) que cristalizaron en dous partidos (Anova e Compromiso por Galicia) e que agora, xunto con Esquerda Unida e EQUO, parece que van a conformar unha única candidatura eleitoral que xa se coñece como a Syriza Galega.

En principio, as eleccións preséntanse moi abertas. Aínda que ninguén discute que Feijoo vaia a ser o candidato máis votado pola cidadanía o que si parece máis compricado é o de obter a maioría absoluta, algo que xa sempre é de por sí difícil pero que con Madiano recortando en Madrid e a piques de pedir un rescate total comprica todavía máis a obtención da maioría absoluta feijoniana. En todo caso, non hai que esquenzer que a convocatoria de eleccións é unha facultade exclusiva do presidente da Xunta e que si Feijoo convocou agora é porque o escenario previsto para marzo de 2012 era todavía máis complexo que o que agora ten.

En Xornal Aberto mollámonos e pensamos que Feijoo vai repetir maioría absoluta porque, a pesares de que en tres anos e medio de goberno só pode presumir de redución do déficit e de que a posición económica de Galiza en comparanza co resto de autonomías é mellor, os votantes do PPdG son fieis e, no momento de ir a votar, o fan. Se o PPdG consigue movilizar o seu voto, algo que conseguiu sempre, as opcións para o resto parecen menores. Seguro que a Syriza Galega consigue reunir un bo feixe de votos pero serán votos que procedan tanto do BNG como do PSdG. O BNG seguirá coa liña de perda de apoio eleitoral que vive dende hai unha década e, aínda que os repartos da Ley D`Hondt podan beneficiar en xeral ao "voto nacionalista" (sumados BNG e Syriza), non cremos que sexan suficentes para desbancar a Feijoo. 

No caso de Pachi Vázquez e o seu PSdG a incógnita é todavía maior porque, a pesares de que unha parte do suposto voto de castigo ao PPdG  debería ir para as filas socialistas, as loitas internas que hai no partido da rosa en Galiza seguro que lle restan tirón eleitoral a Pachi.

Por último teño curiosidade por ver como será a propia campaña. Durante as anteriores eleccións, Feijoo e Rueda encheron de lixo a campaña co tema dos coches de Toruiño, os mobles de Touriño e o tema do idioma. Unha vez no goberno púdose comprobar que as posturas que defenderon en campaña sobre o idioma foi simplemente unha baza eleitoral xa que, unha vez no poder, nada do prometido fixeron ao respeto. Fixeron en 2009 unha campaña dura e a pregunta é se en 2012 repetirán este estilo que tan bos resultados lles deu (escapando do debate dos problemas de verdade) ou se sorprenderán con outro estilo.

2 Respostas ata o de agora.

  1. Frantxu dí:

    Boa analise amigo, coma sempre. A min apúntame na porra unha asociación post-electoral entre todas as forzas políticas, agás o PSOE, en contra do PP. Gañando as eleccións Frijoles pero en minoría. Por certo, como este ano vexa pintadas recentes (como vin o día das xeráis) nas estradas que van ao colexio electoral durante o día de votación, penso poñer unha denuncia á autoridade competente no tema. Os "VOTA PP" en todo canto acceso ia cara ós distintos colexios electorales eran bochornosos. Dixera Roberto o de LandRober: ¡¡¡NO LO TOLERO!!!

  2. Adycto dí:

    a VERDADE É QUE ISO DAS PINTADAS É TREMENDO...

Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -