Publicado por : Adycto 15 de marzo de 2012

Onte foi o día mundial da poesía. Tratamos de buscar entre os moitos redactores cos que contamos con algún que tivese a sensibilidade especial dos poetas para poder celebrar este día como se merece, cunha poesía. Non foi posible e, o máis preto que poidemos achegarnos a esa sensibilidade tan especial que ten a poesía, foi este texto que aquí deixamos e:

"Dende hai catro meses, se cadra un pouco máis, ocupas tódolos días unha parte enorme dos meus pensamentos. Antes, cando estabas, non era así. Era capaz de pasar días e días sen acordarme de ti, e incluso de pasar semáns sen falar contigo. Agora, sen embargo, estás sempre canda min, aínda que xa non poda falar contigo ou tan siquera verte. O peor da túa ausenza non é saber que non vou poder acoder a ti cando teña un problema, unha inquedanza, ou cando precise un consello. O peor da túa ausenza é saber que xamáis poderei pasar nin sequera un segundo máis contigo.

Hai catro meses, se cadra un pouco máis, podía lembrar con exactitude as veces que chorara nos últimos vinte anos. Eran bastantes, xa que sempre fun (coma ti) de bágoa fácil, pero se facía o esforzo podía lembralas todas. Unha a unha. Agora xa non son capaz nin de lembrar ás veces que teño chorado nos últimos trinta días, pero algo me di que son máis que as dos últimos vinte anos.

É difícil poñer en orde numérico que é o que máis boto en falta de ti, o que máis estrano. Sen embargo o que si sei é que daría dez anos do que me quede por vivir por poder volver a sentarme a unha mesa contigo, a verte disfrutar cos doces e, sobre todo, a discutir como o facíamos por calquera cousa trivial aínda que, no fondo, pouco nos importara aos dous o tema polo que montabamos a liorta.

Nos anos que pasamos xuntos, todos os meus e a metade dos teus, non fun capaz de darche moitas das cousas que máis desexabas na vida por fáciles que fosen para min e, sen embargo, ti sempre me deches todo o que de ti precisei e aínda moito máis. Xa non ten amaño e así debe ser pero agora, cando xa non me ves, nin me escoitas nin me sentes eu véxoche, escóitoche e síntoche como nunca antes o fixera.


Supoño que é amor. Supoño que é a vida. Supoño que é como ten que ser pero ninguén me avisou de que fora a doer tanto."

2 Respostas ata o de agora.

  1. Poesía a que tes ti botando piropos

  2. Adycto dí:

    grazas!!

Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -