Publicado por : Adycto 9 de marzo de 2012


Hai un par de días, o "porfinministro" Alberto Ruíz Gallardón falaba no Parlamento sobre o aborto e non deixaba a ninguén indiferente. O home que como alcalde de Madrid fora un dos primeiros en facilitar o acceso dos cidadáns á pílula postcoital; o "verso libre" que sempre pareceu o máis progresista do seu partido facía unhas declaracións nas que, por desgraza, deixaba ao descuberto unha actitude absolutamente reaccionaria, que rapidamente respaldaron varios membros do Goberno. E o fixo ademais en vésperas do día Internacional da muller.

Supoño que xa todos a estas alturas do partido escoitaríades a frase en cuestión pero, por si acaso, quero deixar constancia dela eiquí. Preguntado sobre a cuestión do aborto, o "porfinministro" dicía que se debía, en boa medida «á violencia de xénero estructural contra a muller polo mero feito do embarazo».

Señor Gallardón, a violencia de xénero estructural contra a muller en España existe, pero non é isa da que vostede fala. A violencia de xénero estructural contra a muller é a que cada ano remata coa vida de, alomenos, cincuenta mulleres en España. Esa violencia que sufre a muller é a que, física e moralmente, lle infrinxe o seu marido, parella ou como queirades chamarlle, e que ademais a sociedade, queramos ou non velo, consinte.

Violencia de xénero é a que impide tamén a moitas mulleres denunciar a situación e saír dela e, xa postos, violencia de xénero é tamén a que sofren as mulleres cando acuden a buscar traballo e ven como, ano tras ano, seguen a cobrar menos cartos polo mesmo traballo que os homes.

En Xornal Aberto pensamos, pobres de nos, que cando unha muller toma a decisión de abortar o fai porque, por un ou outro motivo, non quere ter ese fillo nese momento concreto e non por unha "presión" da sociedade que, como vostede di, a obriga a abortar. De feito, grazas a lei do aborto a muller é libre e pode decidir que facer ante un embarazo, ninguén a obriga a nada. Se cadra vostede e o seu partido o que pretenden é voltar a situacións anteriores da nosa historia na que as mulleres non tiña capacidade ningunha de decisión e non atopaban na Lei a esa táboa que lles permitise decidir sobre a súa vida.

En Xornal Aberto consideramos que o aborto é un dereito que ten a muller pero parece, coma non, que niso tampouco estamos de acordo co Partido Popular. E o digo polas declaracións de Esperanza Aquirre nas que a presidenta da Comunidade de Madrid afirmaba taxantemente que "o aborto non é un dereito, senon un fracaso da muller". Outro día falaremos de Esperanza.

O peor de todo é que, no fondo, estas opinións e políticas non son máis que o esperado. Co goberno do PP todos imos a perder moitas cousas, valga de exemplo a reforma laboral recentemente aprobada, pero sen ninguna dúbida as mulleres van a perder todavía máis. É triste pero é o que pensamos.

2 Respostas ata o de agora.

  1. Anónimo dí:

    Estou completamente de acordo con vos. Continuamos a perder parcelas da nosa vida por ser mulleres, esta lei non se estaría a debater se os homes quedasen preñados, estou segura que neste caso faría motísimos anos que o aborto non estaría socialmente mal visto e por suposto que sería legal. Supoño que dentro de pouco dirán que temos que deixar os nosos postos de traballo para que os ocupen os homes que teñen que alimentar as suas familias "decentes e normales" e terminaremos por ocupar o lugar que "eles" parece que queren, na casiña e ca boquiña pechada. Non creo que poder decidir cando quero ser nai, se é que quero, se quero ou non disfrutar da baixa maternal, se quero tomar a pírula ou se quero facer da miña capa un saio sexa asunto de ninguén mais que de mim. Moitas grazas por poñer este tema sobre a mesa.

  2. Se me ocurre que además de llamarle retrógrado a Gallardón hay que exigirle que trate con respeto a las mujeres de este país, pues no son ni idiotas ni cobardes, que cuando tienen que decidir entre seguir un embarazo o interrumpirlo, lo hacen por propio convencimiento sin sentirse condicionadas por presiones externas.
    Saliendo en apoyo a Gallardón, su eterna enemiga Esperanza Aguirre, ha manifestado que el aborto no es un derecho sino un fracaso. Hay que decirle a la "lideresa" que si que es un fracaso pero más bien de los sistemas educativos, ya que a un embarazo no deseado, habitualmente se llega por mala o inexistente información.Y de esto si son responsables quienes torpedean desde el Gobierno y desde los Púlpitos la Ley de Educación para la Ciudadanía

Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -