Publicado por : Adycto
3 de novembro de 2011
Onte, tomando unha taza nunha desas insondables pozas de coñecemento que Compostela ten en case que todas as súas rúas e que, vulgarmente, se coñecen como tascas, descubrín que, despois de moito tempo, a opinión pública -ou alomenos unha parte da opinión pública- parece que empeza a apostar por medidas drásticas como as tomadas por Grecia ante a terrible recesión que está a vivir Europa. Ata o de agora, o que poidera pulsar nas tascas sobre a crise, nunca pasaba de cousas como "a culpa a ten ZP", "con Mariano vai a ir mellor", etc pero agora, tras o anuncio de Grecia de facer un referendo para decidir se acepta as medidas impostas pola UE para recibir os tan manidos 8.000 millóns, as cousas parece que mudaron.
Eu estaba sentado nunha mesa ollando un xornal e desfrutando dun viño e unha tapa de orella e, de fondo, empecei a escoitar a dous "habituais" comentar a noticia do telexornal na que falaban do tema do referendo grego. Ímolos chamar "vello" e "máis vello" para identificalos.
Vello: Pois que queres que che diga meu...Eu entendo ben que o "Papandreu este" quera facer un referendo porque cos recortes que lle mandaron facer, máis os que xa fixeran durante estes últimos meses, a xente ten que andar por Grecia á que salta...O tipo debe andar preocupado de veras...
Máis Vello: Acojonado é o que debe andar.. pero, aínda así, se os gregos dicen que non no referendo...que coño vai pasar? Supoño que aos gregos botarannos do euro pero igual iso convírtese nunha desbandada e todos marchan do euro...pode ser un caos!
Vello: Máis caos do que temos agora?? Se en España hai 5 millóns de parados...a situación é insostible....Eu, por si acaso, aínda teño pesetas por casa que, ao paso que vamos, vai ser de novo a moneda deste país en pouco tempo...xa verás!!
Máis vello: Pero é o que che digo eu...vai ser un caos...Veremos que dicen os alemáns e os franceses....
Vello: Os alemáns e os franceses pouco teñen que decir porque son eles os que non están a atopar solucións ao tema da crise...levamos xa anos facendo o que dicen e as cousas só marchan a peor...E ademais é moi fácil falar de recortes pero moito máis difícil e INXUSTO facelos, ou é que a xentiña é a culpable dos desmáns que se fixeron neste país!!. Con dous collóns! Os gregos o que están a facer é marcar o camiño...non pode ser que as decisións importantes as tomen os bancos, ou os políticos,....as teñen que tomar as persoas, aínda que se equivoquen porque se a decisión a toma a xente as medidas que se tomen van ter respaldo.
Máis Vello: Amén meu! Iso, con dos collóns....Ben por Grecia!
Como soe acontecer nestas pozas de sabiduría composteláns a conversa rápidamente mudou de tema, seguindo o paso do telexornal, e , trala crise grega, os contertulios falaron do Cristiano Ronaldo, do temporal e tamén da fin do mundo xa que o "máis vello" dicía que os incendios, a crise, e o tema da illa do Hierro, non eran máis que as sinais que "os mayas" anunciaron antes da fin do mundo no 2012. Pero iso, xa será tema de debate outro día...
PD: A foto saqueina do blog camencamachoadarve...non ía traicionar aos meus contertulios!

El pueblo griego marca el camino, pero los políticos deben obediencia ciega a sus amos.
http://www.publico.es/dinero/404914/papandreu-decide-retirar-el-referendum-sobre-el-plan-de-rescate
Co feito por Papandreu queda claro quen manda aquí...e dende logo non son os cidadáns....