Publicado por : Adycto
11 de outubro de 2011
Leo con preocupación este pasado luns que Merkozy -a partires de agora sempre voume referir así a esa extraña parella que decide dende hai tempos os destinos de Europa- está decidido/a a capitalizar de novo á banca para afrontar á renovada crise financieira. A noticia parece unha máis dentro das que, cada día, inundan as páxinas dos xornais pero creo que é moito máis que iso. E digo isto porque, a pesares de non ser economista nin nada que se lle pareza, esta nova decisión de Merkozy paréceme unha especie de dejavú xa vivido aló polo ano 2008. Realmente teño a impresión de estar voltando á casiña de saída deste xogo absurdo no que estamos metidos e do que non temos nin o máis mínimo control. E digo isto porque, alá polo 2008, cando a crise sacudiu a Occidente a solución que os sesudos economistas atoparon foi a mesma que agora, 3 anos despois, Merkozy volve a propoñer.
Se eu non me lembro mal, alá polo 2008, a crise económica mundial precisaba dunha reestructuración do sistema financieiro que obrigou a case que todos os países a inxectar cartos nas súas entidades bancarias para capitalizalas e, deste xeito, superar a crise. E polo que marcan agora os indicadores económicos parece que non foi unha boa solución xa que, tres anos despois, a crise parece que volta a repuntar -se é que nalgún momento deixou de facelo. E, cal é a solución que nos dan agora os economistas? Correcto. Voltar a recapitalizar os bancos e voltar a reestructurar o sistema financiero. Señores.....esta receta non funcionou, por que a imos repetir?
E non so iso, que non funcionou, senón que estou moi farto de que nesta merda de sistema económico que temos a socialización das perdas sexa algo habitual. Porque quero lembrarvos a todos que os procesos da recapitalización, capitalización, reestructuración, etc vividos estes anos fixéronse con CARTOS PÚBLICOS, ou sexa, cos cartos de todos (en todos os países da UE) e, mentres tanto os cidadáns, os mesmos que subvencionan e pagan estas medidas seguen vendo recortadas as súas prestacións e dereitos. A dicotomía seguro que non é tan sinxela como a plantexo eu pero, como cidadán, quero que os cartos dos meus impostos sirvan para rescatar ás persoas e non aos bancos. Ou é que cando os bancos tiñan beneficios e gañaban miles de millóns de euros os repartían connosco? Eu creo que non.
Para concluir só un pequeno apunte. En España, dende que comezou a crise as entidades bancarias teñen recibido do Estado -ou sexa de nós- 73.240 millóns de euros. Concretamente 20.087 a través do FROB e 53.162 en avais por parte do Tesoro Público. E cal foi o resultado? Pois nada, que Merkozy nos diga agora que hai que voltar a recapitalizar á banca. Eu, a verdade, non estou disposto a seguir metendo e metendo cartos no sector financieiro sobre todo cando xa se demostrou que non é a solución para esta crise.
Por certo, se España nestes 3 anos meteu máis de 73.000 millóns de euros na banca deste país por que a UE remolonea un pago a Grecia de 8.000 millóns de euros que evitaría que esta non entrase en suspensión de pagos? Eses 8.000 millóns son "calderilla" para a UE coa que está caendo...Postos a concluir dirían que, por un lado, a UE parece máis interesada en salvar bancos que persoas e, por outro lado, seguro que os #malditosmercados estarían encantados con que a crise brutal continúe en Grecia e no resto da UE. Moitos cartos ten que estar facendo alguén con todo isto....Salvemos países, persoas, dereitos, prestacións, axudas, becas...pero non máis bancos, por favor.
PD: O posto seguro que non quedou moi claro porque escribino en cinco minutos fruto dun cabreo no que parece que estou instalado pero creo que, aínda así, reflexa bastante ben o que penso sobre esta nova recapitalización que se nos ven enriba.
Los popes de la economía aseguran que al hundirse un gran banco le siguen las demás entidades financieras por una especie de efecto dominó.
No es preocupante el que se hundan en la puñetera miseria los miles de ciudadanos que son desalojados de sus viviendas. No es preocupante para ellos, los dirigentes políticos y sus amos los líderes de la Globalización Capitalista.
300.000 desahucios en 3 anos en España!! Pero iso da igual....
Semella que está mal visto eso de "operar con el corazón" e que "es mejor operar con el cerebro".
Non se dan conta que cando o corazón deixa de later, o cerebro non recibe o fluxo sanguíneo necesario para pensar...