Publicado por : Adycto 23 de xuño de 2011


Este post, escrito a toda velocidade, vai servir para trasnmitirvos as últimas novidads da xente da Acampada Obradoiro.Tras un tempo de debate, reflexión e organización, a asemblea de Acampada Obradoiro decidiu apoiar e asistir á Marcha Popular Indignada hacia Madrid, unha iniciativa á que xa se sumaron moitas das acampadas dende todos os extremos da península, e que abrirá novos camiños polos que transitará e medrará a indignación de tod@s.

A ruta Noroeste será a que percorrerán os grupos que sairán das acampadas galegas. No caso de Compostela, as etapas que se configuraron foron as seguintes:

* 24 xuño: Santiago-Pedrouzo
* 25 xuño: Pedrouzo-Arzúa
* 26 xuño: Arzúa-Palas de Rei
* 27 xuño: Palas de Rei-Portomarín
* 28 xuño: Portomarín-Sarria
* 29 xuño: Sarria-Triacastela
* 30 xuño: Triacastela-O Cebreiro
* 1 xullo: O Cebreiro-Vilafranca do Bierzo
* 2 xullo: Vilafranca do Bierzo-Ponferrada

En Ponferrada, a marcha xuntarase c@s compañeir@s das outras acampadas galegas e tamén co grupo asturiano e leonés. A idea é chegar tod@s xunt@s a Madrid o día 23 de xullo. O esforzo loxístico e organizativo vai ser forte, polo que dende Acampada Obradoiro se prega ás persoas interesadas en colaborar dalgún xeito -aínda que non se sumen á camiñada- a poñerse en contacto co grupo de traballo que está a montar todo.

Tamén acaban de lanzar o seu propio blogue, no que irán informando tanto da organización como do transcurso cotián da Camiñada, así que si queredes saber máis sobre o tema só tedes que visitalo.

Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -