Publicado por : Adycto 12 de abril de 2011



Durante a pasada fin de semana, Islandia celebrou un referendo que vainos a servir de escusa perfecta para tratar de explicar o ciclo revolucionario do que, a pesares de estarse a producir en Europa, temos moita menos información que do que está a acontecer en Libia -se cadra este non é o mellor exemplo- ou do que aconteceu en Exipto, Tunicia, etc.

Resulta que no ano 2008, Islandia viviu unha importante "crise financiera" que levou ao país á ruína pero que os cidadáns islandeses están a utilizar para demostrarnos como se pode facer fronte á especulación financiera desregulamentada que, por se alguén non de seu de conta aínda, é a causa da crise que estamos a vivir na maior parte do mundo.

Un pouco de historia: A orixe da crise.

A “crise financeira” islandesa producíuse so dúas semanas despois da caída de Lehman Brothers - que casualidade-. O gobernador do Banco Central Islandés –un neoliberal de pro- decidiu entón fixar a moeda nacional (a Króna) ao euro co que consegíu unha fuxida desbocada de capitais no país (supoño que os dos seus amigos mellor informados). De feito, a fuga de capitais producida foi unha das máis cuantiosas e rápidas da historia. Ao cabo dunhas horas da aplicación da medida a króna afundiuse e con ela a bolsa, os bonos, os prezos da vivendas, etc, etc.

A orixe do problema era que Landsbanki, un dos tres grandes bancos islandeses, abriu unha filial por Internet cunha conta de aforro a altos tipos de interese, Icesave, que fixo furor entre británicos e holandeses. Cando as cosas empezaron a torcerse e o Goberno británico detectou que o banco estaba repatriando capitais aplicoulle a lei antiterrorista para conxelar os seus fondos. Ese foi o detonante de toda a crise: provocou a quebra en cadea de toda a banca.

O Estado, ante a situación que tiña por diante, decidiu non rescatar aos bancos quebrados. Londres e Ámsterdam, pola súa parte, devolvéronlle aos seus cidadáns o 100% dos depósitos: uns 4.000 millóns de euros -un terzo do PIB islandés- que agora lle reclaman a Islandia (ou sexa, aos seus cidadáns).

Rapidamente chegou o FMI a facerse cargo da situación e a “solucionar o problema”: Préstamo ao canto e listo calixto. Iso si, o préstamo estaba condicionado a “socializar” as débedas dos bancos que quebraran.

En maio de 2009 miles de persoas de todas as idades e condicións montaron una cacerolada pedindo a dimisión do goberno. A presión popular foi en aumento ata que o goberno ultraliberal tirou a toalla sendo substituído por un goberno provisional dunha coalición de esquerdas en xaneiro de 2009.

Fronte ás fortes protestas, as medidas de "axuste" esixidas polo FMI pospuxéronse, polo momento ata 2011. A "socialización" das débedas do Icesave (4.000 millóns de euros a devolver entre 2016 y 2023 con un recargo del 5,5% de interese) esixida polo FMI e os gobernos do Reino Unido e Holanda foi sometida a referendo en marzo de 2010. O 93% votou NON.

En resposta á negativa do pobo a pagar polo que fixeran uns mangantes, o FMI conxelou toda "axuda" e a UE as negociacións para a adhesión de Islandia á UE.

Islandia ten renacionalizado os bancos e renegociado a débeda facendo asumir as perdas aos acredores. Case todos os fondos hedge, fondos de inversión, bancos europeos, ... que especularan na burbulla, foron obrigados a aceptar unha quita do 70%.

Así chegou un segundo pacto, máis vantaxoso para Islandia (tipos do 3%, a pagar en 37 anos), e de novo á xente a decidir en referendo se paga ou non. E voltaron a dicir NON, esta vez con algo máis do 60% dos votos.

Non sabemos que pasará. Se o actual goberno dimitirá e convocará eleccións pero o feito é que os islandeses votaron por algo que no resto de Europa nin nos plantexamos: que a Banca pague polos seus erros e non os cidadáns…ou é que cando gañaban cartos repartían os beneficios?

Os islandeses están sendo capaces de mostrarnos unha alternativa ás decisións unánimes que os gobernos dos principais países do mundo adoptaron para enfrontarse ás consecuencias da crise e ao papel culpable que, coma cidadáns, se nos asigna nesta tráxica pantomima.

Pero non só é dicir non

Ademais de todo o proceso relativo á “socialización da débeda” que acabamos de contar, o pobo islandés realizou nestes anos unha serie de cambios estruturais que dannos pé a falar –polo menos a min- de ciclo revolucionario.

Persecución e encarceramento dos culpables. O goberno iniciou unha investigación en toda regra para dirimir xuridicamente as responsabilidades da crise. Mandou arrestar a varios banqueiros e pediu á INTERPOL unha orde de detención para os fugados. As investigacións en marcha poderían salpicar a un bo número de banqueiros europeos. Son moitos os banqueiros que xa están no cárcere. De feito, parece ser que a UE está a negociar a entrada de Islandia a cambio de axudas e de “relaxamento” da investigación.

Nova constitución antiliberal. Os islandeses están preparando unha nova constitución e o están a facer do xeito máis democrático posible: a democracia directa. Para elo conformouse unha Asemblea Constitúente a partires dunha mostra de 31 cidadáns correntes sen filiación política. Calquera islandés puido ser o elixido. O texto que discuten será proposto por unha convención de 1000 islandeses de entre 48 -89 anos, elixidos ao azar.

Iniciativa Moderna Mediática Islandesa. O parlamente islandés aprobou un proxecto de lei denominado Iniciativa Moderna Mediática Islandesa que ten por obxectivo "fortificar a liberdade de expresión e información, así como garantir unha forte protección para las fontes e os seus informantes" na liña de wikileaks.

Se chegáchedes ata aquí a pregunta é sinxela…por que sabemos tan pouco sobre todo o proceso islandés? Será que están a marcar o camiño correcto e alguén non quere que sigamos o seu modelo? Que pasaría se quebrase o Santander? Pagaríamos nos a débeda? POR SUPOSTO.


FONTES:


Artigo Daniel Reboredo “Islandia sí es una revolución”. Enlace: http://www.elcorreo.com/vizcaya/v/20110412/opinion/islandia-revolucion-20110412.html


Artigo Claudi Pérez “Islandia sí enjaula a sus banqueros”. Enlace: http://www.elpais.com/articulo/primer/plano/Islandia/enjaula/banqueros/elpepueco/20110403elpneglse_2/Tes


Artigo Claudi Pérez “Islandia rechaza en referéndum pagar por los errores de sus bancos”. Enlace: http://www.elpais.com/articulo/economia/Islandia/rechaza/referendum/pagar/errores/bancos/elpepueco/20110409elpepueco_4/Tes


Artigo blog Cáncer Capitalista “Islandia, crisis y revolución”. Enlace: http://crisiscapitalista.blogspot.com/2011/01/islandia-crisis-y-revolucion.html


Artigo Miguel Máiquez “Del último paraíso neoliberal a la primera revolución ciudadana: Las claves del plante islandés”. Enlace: http://www.20minutos.es/noticia/1018054/0/islandia/bancos/referendum/


One Response so far.

  1. JLMejuto dí:

    Me alegra haber coincidido contigo en el tema aunque en mi caso un día después
    Salu2

Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -