- Atrás »
- Caixon desastre »
- CAFÉ E PITO
Publicado por : Adycto
2 de febreiro de 2011
Agora que parece que os focos dos medios de comunicación desvían a súa atención da Lei Antitabaco, en Xornal Aberto imos a falar un pouco sobre o tema. Vaia por diante que, en liñas xerais, estou a favor da Lei. Era necesaria unha regulación que permitise aos non fumadores poder vivir sen fume e, ao tempo, evitar que os mozos comezaran a fumar. Creo que ambas cousas con esta nova Lei están resoltas. Vai ser moi compricado que un rapaz que estea no instituto nestes intres (mais ou menos cando todos botamos o primeiro pito) poda comezar a fumar porque non o vai a poder facer máis que na rúa e na súa casa e iso, sendo adolescente, é unha cuestión compricada.
Partindo disto. De que estou, en liñas xerais, a favor da Lei creo que é preciso lanzar algunha que outra cuestión ao aire. O de que os hostaleiros tiveran que facer hai algúns anos unha reforma, onerosa en moitos casos, que agora non lles sirven para nada é evidente pero a cuestión que plantexo non é isa. A resposta que pido é outra.
A pregunta que quero facer é por que?
Por que Eu, fulano de tal, consumidor dun produto legal no Reino de España que ademais o Estado vende de xeito monopolístico. Maior de idade. Cumpridor coas miñas obrigas como cidadán (económicas e sociais). Respetuoso con todas as limitacións impostas pola nova Lei para non fumar diante de menores. Nin no traballo. Nin nos organismos oficiais. Nin nas marquesinas dos buses. Nin preto dos parques infantís. Nin, en resumo, en ningún sitio no que poda molestar a alguén ou incitar a fumar a aqueles que non o fan. Por que entón non podo fumar un pito, ler o xornal e tomar un café nun local pechado no que só podan entrar maiores de idade e fumadores?
E non me vale dicir que se isto fose así todos o bares serían clubes de tabaco.
Esa non é a cuestión. Podo beber, iso si. Podo beber todo o que queira nun bar ata caer de cu. Pero tomar un café, ler o xornal e fumar un pito nun local habilitado para non molestar non. Bueno, si que o podo facer pero o café o teño que traer dun bar porque nos clubes de fumadores, polo que sei, non podes ter unha barra e esas cousas.
Falo de fumar un pito, ler o xornal e tomar un café rodeado de fumadores. Por que non?

Yo tambiene stoy de acuerdo, pero si montas un club de fumadores...no se, otro club mas??? de verdad necesitamos mas clubs??? En mi opinion, lo q necesitamos es q nos expliquen que es el respeto por y para el vecino. Conciencia civica ya!!! q ha este paso vamos a tener q pasar revista antes de salir de casa...eso si, seguro q inventan alguna aplicacion (para el ifone) para q no tengas q hablar con nadie...y sobre todo lo hagas desde casa!!!!
-¡Oiga el tabaco mata poco a poco!
-No importa, no tengo prisa
o que sexa pero polo de pronto non podo fumar o pito e tomar o cafe máis que na miña casa