Publicado por : Adycto 14 de decembro de 2010

Esta mesma tarde, o Congreso dos Deputados escoitará as razóns que o Goberno esgrime para ampliar o Estado de Alarma no que España vive inmersa dende o pasado 4 de decembro. Xa sabedes que, no seu momento, apoiei esta medida tomada polo Goberno para "tourear" unha situación como a que España estaba a vivir pola folga salvaxe levada a cabo polos controladores. E a respaldei a pesares de que, para o que escrebe, deixar as cousa nas mans dos militares é unha das peores cousas que pode facer unha democracia (temos exemplos máis que sobrados neste campo). Agora ben, ante a solicitude do Goberno ao Parlamento de ampliar o Estado de Alarma debo estar absolutamente en contra. Como ben di a propia expresión (Estado de Alarma) esta é unha medida para tomar en situacións excepcionais e coido que, nestes intres, non se da esta situación. Ten que haber ao alcance do goberno mecanismos máis que suficentes para poder controlar calquera situación de protestas laborais que o colectivo dos controladores poida poñer en marcha para reivindicar o que eles consideran como un recorte dos seus dereitos como traballadores. Non creo que unha amplicación do Estado de Alarma sexa a solución.

Ademais, como dixen no post anterior, empezo a estar farto de falar dos controladores cando en España están a acontecer cousas moito máis graves sobre as que debater. De feito, hoxe o Congreso ratificará a supresión, dende o vindeiro mes de febreiro, do PRODI (programa temporal de protección por desempleo o inserción) polo que 300.000 persoas ao mes en España recibían 426 euros. Hai que lembrar que esta axuda é para aquelas persoas que teñen agotado as prestacións por desempleo e que constitúen o balon de oxíxeno que permite a moitas familias sobrevivir a fin de mes nestes duros tempos nos que estamos a vivir. Deixemos de tirar cortinas de fume como a do Estado de Alarma e falemos do realmente importante...que vai facer a xente que deixará de cobrar a partires de febreiro o PRODI?

2 Respostas ata o de agora.

  1. odesempre dí:

    Pois eu penso que é o único xeito de garantir que o espacio aéreo do país vai estar aberto durante esta ponte.....

  2. odesempre dí:

    quero dicir durante estas navidades. Por certo, creo que hoxe pola tarde xa deciden se vai adiante ou non pero paréceme que está cantado que si...

Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -