Publicado por : Adycto 12 de xullo de 2010

Hai moita xente, se cadra unha maioría, que considera que ser nacionalista (galego) ten que estar obrigatoriamente enfrontado a ser español. Evidentemente, eu estou en contra dese nacionalismo español cerril e tramontano que tan ben sabe manexar a dereita en España e que contrapón ser español con ser galego, catalán, etc. Sen embargo, hai unha parte da poboación -espero que cada vez mais- que entende que España non é algo unitario, uniforme e centralista senón -como marca a nosa constitución e o noso sistema político- algo aberto, plural e respetuoso. Eu son dos que pensa que España debe ser a unión de todos pero co respeto as diferencias que hai entre os cidadáns españois. É dicir, España debe ser a unión de vascos, casteláns, cataláns, galegos, andaluces, etc pero con respeto ao que cada un é. Ao seu idioma, á sua cultura, a súa idiosincracia, ao seu particular xeito de entender o mundo. Digo todo isto porque, como amante que son do futbol, hoxe estou moi contento con que España conquistase, por primeira vez na súa historia, o título de campión do mundo cunha selección que coido que ademais encarna perfectamente ese sentir que antes expresaba. Unha selección rechea de cataláns, asturianos, canarios, etc que loitan por una camiseta común pero que poden lucir, sen temor e ser criticados ou repudiados, os seus símbolos (senyera, bandeira canaria, etc) porque iso tamén é España. Bueno, vaia roio que din para dicir que estou contento co triunfo da selección....por qué será?


Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -