Publicado por : Adycto 19 de xuño de 2010

A estas alturas do partido xa todos sabedes que José Saramago morreu. A miña relación con Saramago parte da lectura de varios dos seus libros. Descubrino lendo a súa saga de ensaios novelados: Ensaio sobre a ceguera, Sobre a lucidez e logo As intermintencias da Morte. Todavía maravillado pola súa capacidade de análise sobre os problemas da nosa sociedade lin A Caverna e, o ano pasado, volvín a desfrutar co seu Viaxe do Elefante. Os cinco libros que ata o de agora lin del son todos excelentes e seguro que, nos espero que moitos anos que me quedan de vida, acabarei lendo o resto da súa obra. Pero hoxe non vou a falar do excelente escritor que era Saramago xa que, unha das cousas boas dos xenios da literatura é que a súa morte só inflúe en que non van a publicar más libros (aínda que en moitos casos non é así) e aínda que iso me estristece aínda teño moitos cousas para ler del.

A verdade é que a morte de Saramago deixoume triste. E deixoume triste porque con el morre un dos ideólogos e defensores dos valores da esquerda. Dos valores da esquerda de verdade. Un defensor acérrimo da ética da esquerda que sobrepasaba co seu discurso todos os erros e barbaridades que, baixo o gran manto desta ideoloxía, algúns cometeron. Con el morre esa inspiración que, en cada unha das súas intervencións públicas, reforzaba os argumentos dos que, coma el, pensamos que si hai boas e malas ideoloxías e que, coa sociedade que o mundo construíu ao redor do capitalismo estamos condeando aos nosos fillos e netos a unha vida de tristeza e miserias e, ao que é todavía peor, a unha vida de inxustizas.

Morre Saramago e seguro que moitos súbense agora ao carro da súa literatura pero esquecen que a súa obra literaria non é máis que un xeito maravilloso de tratar de explicarlle á xente como son as cousas de verdade. El abría coas súas obras os ollos a aqueles que os pecharan e tamén a aqueles que nunca os tiveron abertos pero ademais trataba, con cada obra, con cada entevista, de manter abertos os ollos dos que así os queremos ter. É unha perda enorme. Imposible de sustituir. Só nos queda seguir loitando e ler e escoitar de novo todo o legado que este home deixou porque só a través del poderemos seguir entendendo realmente cal é a realidade que nos rodea e cal é o xeito de cambiala.

2 Respostas ata o de agora.

  1. Anónimo dí:

    unha maravilla de persoa, e de escritor, cando falan da universidalidade de certa xente, de verdade que si, sentin a morte deste portugués coma a dunha amizade moi achegada.
    gran escritor, sen dúbida, pero fascinante persoa.
    por sempre D.E.P

  2. JLMejuto dí:

    Acabo de publicar en mi blog una entrada con el mismo título que la tuya, y creo que con la misma tristeza.

Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -