Publicado por : Adycto 18 de marzo de 2010

A manta, esa que sempre te di a túa moza que hai que "ir pensando en cambiar" e que leva agochándote de deus sabe quen dende hai anos no teu sofá, era onte a miña única compaña. Minto, tamén estaba conmigo a tele, esa compañeira de viaxe á que todo o mundo critica pero que ten virtudes que moi poucos recoñecen: non che soe abandonar nunca e, queras ou non, é capaz de abstraerte como un bo porro de "maría" se che deixas levar polo seu hipnótico bamboleo a ritmo de zapping. Bueno, pois iso, que estaba tranquilamente no meu sofá paseando entre os canais da tdt cando, de repente, unha cara coñecida captou a miña atención. Tratábase de Eduardo Galeano, que estaba sendo entrevistado por Iñaki Gabilondo. Para ser sinceiros teño que dicir que Galeano é un escritor que chegou hai relativamente pouco tempo á miña vida pero que, como diría o outro, chegou para quedarse.

Cando estaba na Facultade lin algo seu pero non foi ata hai uns poucos anos cando me interesei realmente pola súa obra. Un dos seus libros, o achicoñecido "Las venas abiertas de América Latina" (que Chavez regaloulle hai un ano a Obama) é dende que a lin unha das miñas obras de cabeceira. Recomendo a todo o mundo que aínda no o lera que o faga e, se sodes amantes do "deporte rei", tampouco perdades "El futbol a sol y sombra" un libro que podedes ler no enlace que os deixei ahí atrás e que demostra que o gusto polo futbol non ten porque estar reñido coa intelixencia, o nivel cultural dunha persoa ou a súa capacidade para interpretar a realidad na que vivimos.

Bueno. Pois todo o dito anteriormente non é mais que unha excusa para facervos partícipes dos meus estranos (coma os de todos) procesos mentais. Cando vin a Galeano na tele, a miña mente pasou primeiro polas "Venas", logo polo "Fútbol" e, finalmente detívose na serie documental emitida hai algúns anos por TVE (e producida tamén por eles) titulada: Voces contra la globalización. Nesta serie, que constaba de sete documentais ben interesantes (ou iso creo recordar) participaba Eduardo Galeano xunto con outros primeiros espadas como o meu adimirado José Saramago ou Jean Ziegler. Pois iso, que senón víchedes esta serie de reportaxes o fagades porque realmente axudan a entender as cousas. Para ver se picades os deixo o comezo dun deles titulado "Los amos del mundo" que é unha maravilla. Son fáciles de atopar en internet...


4 Respostas ata o de agora.

  1. JLMejuto dí:

    Tristemente hemos de reconocer que el capital desde siempre, apoyado en sus múltiples brazos ¿armados?, a saber: iglesias, ejércitos, reyes, jueces..., ejerce un poder prácticamente absoluto.
    El que ahora nos demos más cuenta de ello, debido al buen funcionamiento de las comunicaciones, no quiere decir que la llamada globalización sea un fenómeno actual, tan sólo es una agudización del problema al concentrarse mundialmente.
    Esperemos que los mensajes utópicos de Saramago, Galeano... puedan llegar a convertirse en el detonante que haga posible el vuelco de la situación actual.

    Por cierto me apunto como libros a leer los dos de Galeano refernciados por Adycto y a su vez recomiendo Espejos -Una Historia casi Universa

  2. Adycto dí:

    genial, lo leo (bueno, primero tendré que comprarlo)

  3. JLMejuto dí:

    Lo tengo prestado, si hay suerte y me lo devuelven te lo envio

  4. Adycto dí:

    sería cojonudo

Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -