Publicado por : Adycto 15 de febreiro de 2010



Mentres miles de economistas, políticos, analistas e especialistas de todos os campos do coñecemento andaban buscando as orixes da actual crise económica que estamos a vivir en todo o mundo, nos tiñamos a solución a todas as súas preguntas no nosos país e non dos dimos de conta. Resulta que o cardeal arcebispo de Madrid, o ínclito Rouco Varela, sabía cal era a orixe de todo pero, coa súa provervial humildade (propia da maior parte da curia eclesiástica), preferiu calar para non dar que falar. Pois nada, segredo desevelado. A recesión principalmente desencadeouse por cuestións «ético-morais e espirituais». Non é polo capitalismo, nin polo afán de gañar a calquera precio, pola falta de solidaridade do sistema ou por unha mala elección do modelo.Non, as causas que máis incidiron na crise económica actual teñen que ver coa conciencia e o «uso da liberdade»; en definitiva, co exercicio «insobornable» da responsabilidade persoal e colectiva. A verdade é que parece a mensaxe de sempre da Igrexa. O mal uso da liberdade. O que noutros tempos chamaban "libertinaxe" ou "libre albedrío", neste caso como culpable da crise económica. Pero non creades que é o mesmo de sempre. Non, neste caso houbo un análise sesudo e pormenorizado da cuestión por parte dunha mente preclara do mundo financieiro: o señor Rouco.
PD: A imaxe saqueina do blog Salud, Rebeldía y Cerveza Fría.

4 Respostas ata o de agora.

  1. Anónimo dí:

    A primera pixeleada no queda claro si son moros... en cuyo caso Rouco sería... ¿Santiago? En otras palabras, lo único claro, es que estoy dispuesta a poner cualquier cosa, con tal de hacerme notar en tu blog! Francesca (la muy anónima)

  2. JLMejuto dí:

    He leído el artículo de Rouco y me da la impresión de que en principio era un escrito sobre las crisis que afectan a su institución la SMICAR
    1.Crisis de vocaciones (seminarios vacíos, curas emigrantes)
    2.Crisis de asistencias en sus eventos
    3.Crisis de participación con las cruces en su casilla de las declaraciones de los contribuyentes
    Y otras más

    Y en un momento dado se dijo a si mismo: ¡Hostias! Si añado las palabrejas económica, paro, jubilación...este artículo se lo envío a la agencia EFE y me saco unos eurillos.

  3. Anónimo dí:

    Viva el SMICAR y la Corona!!!

  4. Adycto dí:

    Querido anónimo, a ironía é unhas das grandes sinais de identidade dos galegos e de moitas outras xentes...a coñeces?

Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -