Publicado por : Adycto 23 de febreiro de 2010

Hai moitas datas que lembramos cun número e unha letra. As hai mais recentes como o 11-m ou o 11-s e outras que se perden un pouco mais nas nosas memorias como o 23-f. Hoxe quero falar desta última: o 23-f. Pasaron xa 29 anos dende que o teniente coronel da Garda Civil Antonio Tejero irrumpise no Congreso dos Deputados para dar o "seu" famoso golpe de estado e, con motivo deste aniversario, quero deixar eiquí escritas as miñas impresións sobre ese día. Non vai a ser un post histórico nin trascendente senón tan só unha lembranza das miñas sensacións sobre ese día.

O 23 de febreiro de 1981 eu tiña tan só 6 anos polo que as miñas lembranzas sobre esa data son as dun neno que, sen saber moi ben como, era consciente de que algo extraño pasaba xa que as cousas "raras" sucedéronse ese día e, por primeira vez, vin aos meus pais preocupados de verdade. Lémbrome de que cando cheguei do colexio, xunto co meu irmán, recibín a miña primeira sorpresa: o meu pai estaba na casa. Non era normal que o meu pai estivera na casa a esas horas xa que, como moitos homes e mulleres neses tempos, o pluriemprego era unha forma de vida e a súa presencia en casa pola semán era máis ben escasa (aínda que todo hai que dicilo sempre chegaba a casa antes de que meu irmán e mais eu marcháramos para cama).

Pois iso, o meu pai estaba xa na casa e, ademais, tiña cara como de botarnos unha bronca desas que tantas veces merecíamos pero, en contra do que eu poidese pensar nese intre, non nos caeu ningunha bronca senón mais ben todo o contrario. Todo foron "albricias e cuchufletas" cando chegamos aínda que a súa cara transmitira preocupación. Como todos os días, miña nai deunos a merenda e meteunos no "carto dos xoguetes". Todo moi normal. Sen embargo, meu pai e miña nai non paraban de cuchichear e permanecían "pegados" á radio e cando nos achegábamos a eles para demandarlles calquera cousa (basicamente atención) eles nos daban largas e nos mandaban calar para escoitar mellor a radio.

Despois mandáronnos a ver a tele e, para miña sorpresa e do meu irmán, a tele non estaba coa programación habitual senón emitindo cousas que, aínda que non lembro moi ben cales eran, entretivéronnos bastante. De feito, rapidamente chegou a hora de cenar e de meternos na cama e, foi nese intre, cando chegou a enésima noticia incrible dese día: ao día seguinte non teríamos que ir ao colexio. Lémbrome que o meu irmán, xa cando estabamos metidos nas nosas camas, estaba feliz (odiaba ir ao cole) e non paraba de dicirme todo o que íamos facer ao día seguinte cun día sen cole e lémbrome tamén de que eu seguía abraiado porque, ata que o sono venceume, podía ver por baixo da porta a luz da habitación na que estaban os meus pais escoitando a radio.

Non son grandes lembranzas pero son as miñas lembranzas sobre un día que marcou a transición democrática española. Caras preocupadas, radio, cousas raras na tele e ao día seguinte non ter que ir ao cole. Co paso dos anos falei cos meus pais sobre ese día e as súas lembanzas non coincidían, como é lóxico, coas miñas. Para min foi un día estrano pero feliz. O meu pai estaba na casa, non se preocuparon porque fixéramos os deberes e ao día seguinte non tiñamos que ir ao cole.

5 Respostas ata o de agora.

  1. Anónimo dí:

    Curiosos e interesante, outro xeito de ver o 23-F

  2. OdeSempre dí:

    a min tamén pareceume interesante...sobre todo o de palabras como pluriemprego....tan en desuso hoxe pero tan actuais hai anos...

  3. Adycto dí:

    Agradezo o voso interese e os convido a que deixedes aquí tamén as vosas impresións, lembranzas e sensacións sobre esa hitórica xornada

  4. JLMejuto dí:

    Mi hija es de tu edad, los chicos algo mayores. No tienen recuerdos de la histórica jornada. Mi yerno me dice que él si fue al colegio al día siguiente. Parece ser que en este sentido los niños madrileños tuvieron menos suerte que los gallegos

  5. Adycto dí:

    algo teníamos que tener no peyorativo....

Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -