Publicado por : Adycto 29 de xaneiro de 2010


Onte pasaron moitas e variadas cousas no mundo pero, de entre todas elas, vou a destacar unha: a morte de J.D. Sallinger. Neste post non vou falar da vida do autor do celebérrimo "El guardián entre el centeno", unha vida por outro lado cargada de misterio e de vacíos, senón que vou a tratar de achegarme ao que significou o libro para min. A verdade é que tardei moitos anos en lelo, hai menos de 5 anos que o lin, pero aínda que nunca logrei entender o motivo que o levou a convertirse nunha especie de libro maldito entre os psicópatas asasinos do mundo, teño que recoñecer que me marcou profundamnete. De feito considero que ese libro, ao igual que a "Metamorfofis" de Kafka, debería ser de obrigada lectura para todos os rapaces do mundo durante a súa adolescencia. Non teño anos suficentes para poder ser o lector que debería pero, sen ánimo a equivocarme, podo afirmar que, de todo o que teño lido, nunca un libro soubo reflexar tan ben como "El guardián entre el centeno" o que, polo menos eu, sentín nesa xa lonxana adolescencia que cada día que pasa queda un pouco máis distante do que sinto hoxe. De feito, o impacto que me produxo ese libro fíxome ler despois outro do mesmo autor "Fanny e Zoey" que me desentancou bastante.

Pero imos falar do libro que marcou a vida de Sallinger. Holden Caufield, o protagonista da novela, resume un pouco o que todos sentimos algunha vez durante a nosa adolescencia. Incompresión co mundo dos adultos, gañas de mandar todo ao carallo e desaparecer, .....un montón de cousas. Pero de entre todas elas a que máis me chamou a atención, a que me marcou cando lin o libro, foi a sensación de que o seu autor, a través de Holden Caufield, me estaba a contar algo que eu coñecía perfectamente: o medo a crecer. Iso que os máis modernos chaman "síndrome de Peter Pan" e que sempre se explica como algo negativo creo que aparece perfectamente reflexado na novela de Sallinger. Poderíame poñer profundo e facer un alegato a favor deste medo a crecer pero como seguro que a ninguén lle interesa mellor o gardo para min e, ao tempo, non fago públicos neste post moitos dos medos que teño e que a ninguén lle interesan.

O dito, que é un gran libro escrito por unha persoa que non se achega precisamente ao status de "persoa normal" e, moito menos, de persoa amable. Se queredes ler a única entrevista concedida en vida por Sallinger (en inglés iso si) agradecédelle ao Pravda (perdón, El País) este enlace (tedes que rexitraros no The New York Times).

Por certo, senón líchedes o libro os deixo eiquí o principio do mesmo por se os esperta o gusaniño.....(está en castelán que non teño tempo a traducir e todos os que sabemos galego entendemos tamén a lingua de Cervantes e non nos da vergoña dicilo, non como a outros)"Si de verdad les interesa lo que voy a contarles, lo primero que querrán saber es dónde nací, cómo fue todo ese rollo de mi infancia, qué hacían mis padres antes de tenerme a mí, y demás puñetas estilo David Copperfield, pero no tengo ganas de contarles nada de eso. Primero porque es una lata, y, segundo, porque a mis padres les daría un ataque si yo me pusiera aquí a hablarles de su vida privada. Para esas cosas son muy especiales, sobre todo mi padre. Son buena gente, no digo que no, pero a quisquillosos no hay quien les gane. Además, no crean que voy a contarles mi autobiografía con pelos y señales. Sólo voy a hablarles de una cosa de locos que me pasó durante las Navidades pasadas, antes de que me quedara tan débil que tuvieran que mandarme aquí a reponerme un poco. A D.B. tampoco le he contado más, y eso que es mi hermano. Vive en Hollywood. Como no está muy lejos de este antro, suele venir a verme casi todos los fines de semana. El será quien me lleve a casa cuando salga de de aquí, quizá el mes próximo. Acaba de comprarse un Jaguar, uno de esos cacharros ingleses que se ponen en las doscientas millas por hora como si nada. Cerca de cuatro mil dólares le ha costado. Ahora está forrado el tío. Por si no saben quién es, les diré que ha escrito El pececillo secreto, que es un libro de cuentos fenomenal. El mejor de todos es el que se llama igual que el libro. Trata de un niño que tiene un pez y no se lo deja ver a nadie porque se lo ha comprado con su dinero. Es una historia estupenda. Ahora D.B. está en Hollywood prostituyéndose. Si hay algo que odio en el mundo es el cine. Ni me lo nombren."

One Response so far.

  1. Encantoume o Vixía no centeo, mas a trución para galego (en Xerais) é infame e non conserba parte do espírito do libro. Despois nunca lin máis de Salinger.

Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -