Publicado por : Adycto 2 de decembro de 2009


Unha amiga hondureña chamada Francesca Randazzo, que por certo é unha excelente poetisa como poderedes comprobar no enlace que deixei xunto co seu nome, deixoume o outro día fedellar no seu ordenador e, de entre todas as súas fotos sobre Compostela, escollín unha que me gustou de verdade. É unha foto distinta das que estamos acostumados a ver sobre a capital de Galiza e a pregunta é sinxela: Dende onde está tomada? O que acerte (evidentemente os que ledes o blog pero sodes de fora de Compostela o tedes difícil) terá regalo seguro (nada do outro mundo pero regalo seguro). Para os que non querades concursar pero quedarades prendados do xeito de escribir de Francesca, nada mellor que escoitar na súa propia voz algún que outro verso.
PD: Ata o 8 de decembro, se ninguén acerta antes, estará aberto o concurso.

9 Respostas ata o de agora.

  1. odesempre dí:

    A Avenida de Lugo seguro que non é pero non acerto a darme conta de desde onde está sacada.....Imos probar. Resposta: Dende o Pexigo.

  2. Por algún tipo de motivo non me vai o link.

  3. Adycto dí:

    Solventado o tema do link

  4. Adycto dí:

    Dende o Pexigo non é querido odesempre

  5. Anónimo dí:

    dende o seminario en quiroga palacios

  6. Adycto dí:

    Tampouco é dende o seminario menor en Quiroga Palacios pero ides axustando....

  7. Anónimo dí:

    dende sar

  8. Anónimo dí:

    penso que é a rúa san pedro

  9. Adycto dí:

    Grazas a todos os participantes pero ninguén acertou. A foto está tomada dende a rúa Virxe da Cerca, dende a parte que da cara atrás, cara Belvís....Estivéchedes cerca pero quedades todos sen premio...

Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -