Publicado por : Adycto 20 de outubro de 2009


Parece ser que, alomenos en Santiago, está a chegar definitivamente o inverno. En Compostela, como en moitas outras partes, temos só dúas estacións: o inverno e a do tren e, por moito que o Corte Inglés nos diga que ten "gañas de outono" en Santiago hoxe podemos dicir que comezou o inverno. En inverno, como no periodo estival, un dos temas recurrentes, sobre todo cando nos achegamos ás vacacións de decembro é o das folgas nas aeroliñas aéreas. Para que esteades informados e non digades logo, cando se empece a falar do tema, que non tedes información os contamos que, un controlador aéreo en España cobra uns 240.000 euros/ano. Pero iso non é do que quero falar hoxe. Tampouco quero falar do Xacobeo 2010, que nestes mesmos momentos está a vivir a súa presentación oficial, nin de que Zapatero fora o único dos 43 presidentes recibidos ata o momento por El Bama que precisou de intérprete para entenderse co Amo do Mundo.


Hoxe quero falar da Alternativa Bolivariana para os Pobos da Nosa América (ALBA), un foro que esta pasada fin de semana acolleu a súa séptima Cumbre e na que se falou de solucións máis que interesantes a problemas como a loita contra a pobreza ou a exclusión social. En vez de que sexa eu o que vos conte como foi a reunión e de que os fale sobre o ALBA e a importante iniciativa que esto supón, mellor será que visitedes a páxina web deste movemento e naveguedes un pouco por ela para resolver a vosas dúbidas. Nela poderedes atopar discursos, documentos, proxectos, liñas de actuación, propostas e un montón de cousas máis sobre un movemento/iniciativa que aporta outro xeito de solucionar os problemas do mundo. Non deixedes de entrar porque atopar información sobre o ALBA nos medios de comunicación habituais é mais que difícil e, como xente comprometida e curiosa que deben ser os lectores de Xornal Aberto, debedes informaros. Seguro que atopades plantexamentos e solucións máis que lóxicas para problemas dos que non deberiamos apartar a vista por ser europeos. O dito, visitade a web e logo me dicides (aínda que sendo como son os lectores de Xornal Aberto seguro que xa coñecen o tema).

7 Respostas ata o de agora.

  1. JLMejuto dí:

    A ZP hay que recomendarle que contrate al profesor de inglés que instruyó a "Asnar".
    He entrado en ALBA: En general me parece una pero que muy interesante página, tanto es así que la recomendaré en mi próxima Parida.
    Me ha llamado la atención la disposición de Venezuala para fabricar la vacuna contra la gripe A para Sudamérica, seguramente porque sobre este asunto me tragué los 54 minutos del vídeo http://vimeo.com/6790193.
    Si tenéis tiempo recomiendo su visión. Sobre todo al final llamando a la desobediencia civil.

  2. Adycto dí:

    Realmente se están a facer cousas que merecen moito a pena e das que temos moi pouca información.

  3. JLMejuto dí:

    Se me ocurre completar mi comentario con otra reflexión:
    Sin justificar a ZP, es preciso hacer una crítica al Bama, quien además de ser el amo del mundo, es el presidente de un país donde el castellano es el segundo idioma en número de ciudadanos que lo hablan, tanto es así que Usalandia posee la segunda comunidad de habla hispana del mundo, tras Mexico y por delante de España.
    seahttp://es.wikipedia.org/wiki/Idioma_espa%C3%B1ol_en_Estados_Unidos

    El Bama comparte responasabilidad con ZP en la necesidad de intérprete para sus encuentros.

  4. Adycto dí:

    totalmente de acordo! os dous deberían reflexionar sobre isto (por certo, faime gracia que alguén que non sexa eu ou Paco Vázquez lle chame a Obama, El Bama (jejejeje))

  5. JLMejuto dí:

    Creo que "El Bama" es un juego de letras, considerando la O de Obama como artículo determinado. Pero más gracioso es que al entrar en XORNAL ABERTO la barra de GOOGLE me dice: "Esta página está escrita en portugués. ¿quieres traducirla?"
    Si acepto,hace una traducción instantánea que humorísticamente mejora a los discursos de Aznar en el Intermedio de Wayoming

  6. Adycto dí:

    jejejeje....

  7. abilio dí:

    de certo moi interesante o que está a acontecer nas américas bolivarianas. Pasear pola páxina do ALBA e ver as súas seccións xa di moito de por onde vai a cousa: seccións como "poder local", "geopolítica" ou "imperialismo y oligarquías" son moi interesantes.
    Antes eran unha trastenda, e comezan a ser outra cousa.
    beijinhos.

Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -