Publicado por : Adycto
22 de setembro de 2009
Xa saben os avezados lectores de Xornal Aberto que eu non son moito de sindicatos (polo menos na súa actual versión). Aínda así, o pasado domingo, atopeime cun artigo na Voz escrito polo ex-responsable do gabinete técnico de CC.OO, Manuel Lago Peñas, no que facíase unha interesante reflexión sobre quen paga os impostos en España. O artigo, que podedes desfrutar enteiro neste enlace, aportaba interesantes cifras. Para comezar, Lago Peñas fala de que a presión fiscal en España é 9 puntos inferior á media d Unión Europea e 15 puntos inferior á de países socialmente avanzados como Suecia, Finlandia ou Dinamarca; co que isto supón á hora de dar cobertura social aos cidadáns (menos impostos=menos recursos estatais=peor cobertura social). Por outra banda, Lago Peñas estima en 90.000 millones de euros o volume do fraude fiscal anual en España, algo que por outro lado non debe sorprender a ninguén xa que, ata hai ben pouco, "escaquearse" do fisco era incluso algo socialmente ben visto (ou polo menos aceptado).
Con estas cifras na mán, parece lóxico pensar que a nova proposta de incrementos das taxas realizada polo goberno de Zapatero, que suporá un incremento dos ingresos do Estado vía impostos de 15.000 millones de euros por ano, non é asolución. Ademais de impopular (subir os impostos case sempre o é) é menos rendable para o país que outras opcións. Explícome. Se o Estado incidise de xeito claro eficaz no control do fraude fiscal (unha medida por outro lado bastante mais popular que subir os impostos) logrando reducilo en tan só un 50% (algo que meténdolle o medo no corpo á xente non parece moi difícil) os ingresos anuais do Estado aumentarían en torno aos 45.000 millones de euros; una cifra moito máis interesante que os 15.000 millóns de euros que recaudaría Zapatero coa súa suba de impostos, e ademais cun coste político moito menor, xa que recibiría (quero pensar) o apoio da maior parte da cidadanía.
En resumo, nestes momentos de incerteza económica no que un aumento dos ingresos do Estado é fundamental para poder seguir dando a cobertura social necesaria, creo que a solución de subir os impostos sería menos eficaz que a de loitar decididamente contra o fraude fiscal.
Outro día falaremos do turismo sanitario ao que fixo referencia onte o ex-presidente de Extremadura. Non vou defender o que dixo porque non sei o que pensa ese home pero creo con firmeza que o Estado ten que facer algo para controlar este fenómeno que, ano a ano, vaise extendendo mais. E non falo de inmigración nin nada polo estilo, falo de touroperadores que organizan viaxes a España para recibir atención médica gratuita en pacientes con enfermidades crónicas, falo de "pelegrins" que entran en España polo Camiño de Santiago e reciben, xunto á compotelana, una operación de nocello de balde, falo de xubilados europeos que venden todo no seu país de orixe e traládanse a España a vivir (empadroándose claro está) para poder recibir a cobertura médica estatal, e falo de moitos outros casos de "fraude contra a Sanidade Pública" contra o que hai que loitar. Pero iso será outro día....
PD: A viñeta que ilustra este post saqueina do blog de Izquierda Unida de Ugíjar
Publicar un comentario