Publicado por : Adycto 28 de agosto de 2009



Levo tempo sen escribir porque, como moitos de vos, tamén collín vacacións. De feito estou a escribir isto dende un ciber de Pamplona despois de ter percorrido, durante a pasada semán, boa parte dos campings do norte de España. Foron días de diversión, comelladas, beborcio e, coma non, días de radio xa que cando vas en coche a mellor compañeira do mundo (ademais da que levas no asento do copiloto) soe ser a radio. Tiven tempo de escoitar moita radio e, durante días, o único tema que centraba as tertulias era o da Gripe A e, de tanto escoitar imbecilidades, xa me fixen cunha opinión que hoxe quero compartir convosco.


Comezo a estar farto de que, cada dous días, a ministra do Ramo (neste caso Sanidade) dea unha rolda de prensa para explicar unha morte por esta enfermidade, dar consellos sobre como evitala, falar sobre o inicio do curso escolar, o número de vacinas mercadas polo Estado, ou calquera outra cousa. Son dos que pensa que informar ao cidadán está ben pero tamén dos que pensa que o exceso de información é moi negativo. Cada ano en España morren miles de persoas por causa da Gripe Común e cada ano hai campanas de vacinación nos grupos de risco e, sen embargo, non hai tanto barullo mediático.


Non sei que pensaredes vos pero eu coido que alguén está a facer un negocio moi lucrativo con isto da Gripe A. A demanda de vacinas (que por certo todavía non están testadas ao 100%) dispárase, as campañas publicitarias o mesmo, anúncianse baixas laborais a "tutti pleni" durante os periodos de máxima intensidade do virus, fálase de millóns de posibles infectados en España, etc, etc, etc.


Señores do Ministerio, controlen os seus impulsos informativos e alarmistas e traballen máis en cales van a ser os protocolos a seguir nas empresas, nos colexio, nos centros sanitarios, etc en vez de sair cada cinco minutos en rolda de prensa para tratar de demostrar un coñecemento e dominio da situación que, por outro lado, non creo que teñan. Traballen mais e den menos roldas de prensa porque cada vez que a ministra da unha rolda de prensa sube o pan (mais que o pan as accións de determinadas compañías farmacéuticas). En resumo, que basta xa de acojonar ao personal como se está a acojonar. Xógome o que queirades a que este ano morre menos xente de Gripe A en España que o ano pasado por Gripe Común.


PD: Por certo, só unha cousa máis, tralo anuncio de ZP dos famosos 420 euros para os parados de longa duración (algún día falaremos disto) o MINISTRO DE FOMENTO, o ínclito Pepiño Blanco, saíu á palestra para dicir que o goberno trataría, de aquí en diante, "apretar máis" ás rendas máis altas. Dúas preguntas sobre o tema ao aire: É que agora non se fai así? e, sobre todo, Por que este tipo de anuncious non os fai a ministra de economía?.......

5 Respostas ata o de agora.

  1. emigrante dí:

    En el famoso documental de youtube, que supongo que ya conocéis, http://www.youtube.com/watch?v=gKwk8Kq8QXA ya nos ponen una buena teoria de la conspiración. Otra vez el maldito Rumsfield...
    Me juego lo que queráis a que dentro de dos años nos vendrán con la gripe equina, sino al tiempo.
    Quién me da pena ahora es la pobre gripe polluna, snif, snif, ya nadie se acuerda de ella, buaaaaa...
    Kisses.

  2. Adycto dí:

    No es conspiración.....es que están dando un coñazo tela que sólo está generando miedo a todo....En Critröen en Vigo han prohibido darse la mano a los empleados....

    Por cierto, emigrantes.....cuando te voy aver la cara en persona? espero que pronto (dame una fecha aproximada que ya me mero deganas deverte, capullo)

  3. emigrante dí:

    Aquí han colocado dispensadores de alcohol en gel en la entrada de edificios y ascensores para "esterilizarse" las manos.
    Esto es otra gran mentira del siglo.
    Lo que más me jode es que nuestros queridos gobernantes traguen con esto y se pongan a comprar vacunas y demás leches. ¿Por qué tengo que pagarle el yate a Rumsfield? No con mi dinero, LADRONES!!!
    Ellos saben perfectamente que el tema no es grave en absoluto y para desviar la atención de la economía (elecciones 2010) nos bombardean con mentiras.
    Esto de ganar elecciones con mentiras a toda costa me suena...
    Lo de vernos jodido lo veo este año. Tendrá que ser para el verano próximo, el tema de las vacaciones aquí está jodillo.
    Da saludos a toda la galleguidad.
    Kisses.
    PD: a mi jefe le moló un huevo lo de Galifornia.

  4. Adycto dí:

    si la montaña no va a roma que vaya roma a la montaña. Mira, la isa está hecha una internacional y en un mes se marcha 3 meses a currrar a italia así que para final daño, ya con timepo, estábamos pensando en irnos a verte sino venías así que empezaremos a planearlo todo. Intentaremos pues ir por ahí a principios de diciembre (con el puente ese de tu cumpleaños). Ya vamos falando

  5. Thomas Pullings dí:

    Manda huevos, aquí ninguén se entera de nada... vou ter que machar para as colonias para que a xente me poña ó día dos seus asuntiños con viaxes de traballo a italia e esas cousas. Ó da viaxe a verlle a cara a emigrante, eu apúntome, pero como non sexa de polizonte... Emigrante, amigo, eu non teño tantas novidades. Todo segue sendo a mesma merda, con gripe A,B,C, española, do polo ou de Novosibirsk. Ah, eso sí, se aínda te lembras de cómo se fai, ten un momento de lembranza para ó Falcón milenario, que pasou a mellor vida o 28 de agosto camiño de se converter nunha morea de latas de cocacola. A nova criatura é un Volkswagen Polo. Péchase un ciclo.

    Unha aperta, non te dou un bico por se che paso a gripe A.

Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -