Publicado por : Adycto
13 de maio de 2009
Unha vez máis parece que imos polo bo camiño. Hai uns días, Xornal Aberto publicaba un post titulado "Teoría da Conspiración Porcina" no cal poñíamos en dúbida determinadas cousas que nos estaban a contar sobre a orixe desta nova enfermidade. Hoxe, lendo o portal da Axencia Mexicana de Noticias Notimex confirmamos unha parte da nosa intranquilidade. Resulta que o a Organización Mundial da Saúde (OMS) anunciou hoxe que os seus expertos investigan a posibilidade de que o virus A/H1N1 da influenza humán teña sido producto dun erro humán nun laboratorio, como estima un científico australiano. Resulta que non son uns ecoloxitas, nin uns titiriteros os que din isto: Fala a Organización Mundial da Saúde.
O voceiro de la OMS, Gregory Hartl, declarou hoxe en Ginebra ante a prensa que científicos del organismo estudian as evidencias sobre esta teoría logo de que o virólogo australiano Adrian Gibbs advertira que o virus A/H1N1 "poido ser creado nun laboratorio por erro humán". Neste enlace podedes ler o texto íntegro da noticia publicada por Notimex que foi reportado pola xornalista Gabriela Sotomayor. Non é por ser agonías pero, como explicaba o outro día, había moitas cousas que non parecían cadrar e agora, de confirmarse esta información, si que teñen máis sentido. Cousas veredes!
Publicar un comentario