Publicado por : Adycto 5 de marzo de 2009















Como dicía onte, os cinco primeiros futuribles para conselleiros do popular Nuñez Feijoo, dos que vou a falar hoxe, non teñen moito de novo xa que, despois de dar unha volta por internet na pesquisa de informacións ao respecto, aparecen en todas as listas de candidatos. Aínda así, estou convencido de que todos van a estar no novo goberno e, por ese motivo, aparecen na miña quiniela.

A miña primeira candidata para ser peza clave no goberno de Feij009 é Pilar Rojo. É a única conselleira/o do goberno Fraga, xunto con Corina Porro, que resitiu nas listas de Feij009 e parece clara candidata a formar parte do novo goberno (algúns falan dela como conselleira de Cultura e Deportes) ou inclusive para ser a próxima presidenta do Parlamento Galego. Para Xornal Aberto é unha das claras candidatas a ocupar un posto de responsabilidade no novo goberno popular.

Alfonso Rueda, o actual número dous popular en Galiza, é tamén unha das candidaturas claras para formar parte do novo goberno. Ademais de ser unha aporta persoal de Feij009 dende a súa chegada á presidencia do PPdG é unha persoa cunha ampla experiencia na Administración Autonómica da que xa formou parte, durante o último Goberno Fraga, como Director Xeral de Administración Local. Podería compaxinar o seu cargo de conselleiro co de secretario xeral do PPdG aínda que, a súa excelente labor como secretario xeral podería xogar na súa contra para ser conselleiro. Aínda así, en Xornal Aberto apostamos porque terá un cartera no novo goberno e, posiblemente, de "moito peso".

Outra das aposta que parecen claras é a de Pedro Puy Fraga. Foi o coordinador do programa electoral do PPdG para estes comicios e xa ten experiencia na Administración xa que formou parte do equipo de Pita durante a súa estancia na Consellería de Presidencia. De feito, o "sobrinísimo" estivo ata os últimos momentos optando a ser número un pola lista do PPdG na Coruña co cal demostra a súa condición de home de confianza de Feij009.

Carlos Negreira é a todas luces outro dos "fixos" na quiniela de Xornal Aberto. A súa labor ao fronte da presidencia provincial do PPdG na Coruña foi clave para que o partido gañase un dos escanos cos que Feij009 logrou a maoría absoluta e iso, xunto coa súa estreita relación co futuro presidente, poden ser claves para que acade unha carteira no novo goberno.

O último da lista de hoxe é Diego Calvo. Este ferrolán, que durante os últimos meses foi unha das voces habituais en canto tertulia houbo nos medios para defender as téses populares, é un estreito colaborador do presidente electo e a súa labor no Parlamento, especializada nos temas relacionados con Vivenda, o podería levar a unha carteira na que estivese presente este tema que tanto preocupa aos galegos.

3 Respostas ata o de agora.

  1. Anónimo dí:

    Alucino co de Diego Calvo aínda que o de Alfonso Rueda paréceme cantado. Canto ao de Carlos Negreira paréceme que ten as súas papeletas como "conseguidor" do escano pero...está capacitado para ser conselleiro?

  2. Adycto dí:

    Querido lector, eu non falo da capacidade de cada un dos candidatos para ser conselleiros...fago as miñas apostas nunha quiniela na que hai moitos nomes. Canto o da capacidade para ser conselleiro póñoche como exemplo ao ínclito Pérez Varela (Carmiña Burana e esas cousas) á fronte de Cultura nos sucesivos gobernos Fraga ou a María José Rubio (unha páxina web "curiosa" e pouco máis ao fronte de Sanidade). Para ser xustos non debería comparar a ningún conselleiro con Pérez Varela pero...

  3. Anónimo dí:

    E que o sr. Varela é caso aparte. Um dos piores politicos que já vira.
    Se for questão de méritos ficávamos sozinhos.

Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -