Publicado por : Adycto
12 de febreiro de 2007
Alexandre Campos Ramírez, máis coñecido como Alexandre de Fisterra, faleceu o pasado venres en Zamora, con 87 anos de idade e despois de ser operado, hai un par de meses, dun problema estomacal no hospital coruñés Juan Canalejo. Ademais de inventar o futbolín e converterse, co invento deste bendito artiluxio, nunha celebridade a nivel mundial, Alexandre de Fisterra foi escritor, editor, e home inquedo que viviu en primeira persona moitos dos acontecementos máis traumáticos da historia de España no pasado século XX. Para todos os que temos chegado tarde a clase cando mozos (ou incluso non chegar) por xogar ao futbolín, para todos os que verbas como "remolino", "parar", "pasar" "serrar" ou "arrastrar" teñen máis significados que os que veñen no diccionario e para todos os que, aínda que só na parte de atrás dunha tasca, xogamos algunha vez no madrid ou no barcelona de madeira, este é un día triste.
Publicar un comentario