Publicado por : Adycto 1 de decembro de 2006


Penso que os xornalistas son unha parte importante no equilibrio de poderes de todo estado moderno e, por ese motivo, as súas preocupacións deben ser importantes para a sociedade en xeral. Hoxe presentarase o Informe Anual da Profesión Xornalística de 2006, elaborado a partir dunha enquisa telefónica realizada entre 1.000 profesionais de toda España. A precariedade laboral, o intrusismo e a mala imaxe social da profesión, son as principais preocupacións dos xornalistas, un colectivo que, non obstante, aumentou o seu grao de satisfacción no último ano, segundo a Asociación da Prensa de Madrid.


A precariedade laboral volta a ser en 2006 o principal problema da profesión para os enquisados. O intrusismo laboral manténse tamén como segundo motivo de preocupación (45,8%), e aumenta a percepción de que a imaxe social da profesión é regular (53,9%) ou mala (22,9%).Así mesmo, crecen as queixas polos baixos salarios (42,4%) e a delegación do traballo nos becarios e estudantes en fase de formación (27,3%), mentres que o desemprego queda relegado ao quinto posto.

Ademais, como na maioría de profesións, o estudo revela tamén que nas redaccións españolas mantéñense as diferencias de xénero. Só un 24% dos postos de responsabilidade son para as mulleres, cando éstas representan o 46% da profesión e 0 65% dos licenciados en xornalismo.

2 Respostas ata o de agora.

  1. Anónimo dí:

    E que a cousa está moi maliña. O pan noso de cada día nesta profesión é a precariedade, contratos basura a través de ETT's, soldos míseros... Por non falar da politización das redaccións, casi sempre en mans dos comisarios políticos de turno... Parece que temos o que merecemos. Cando nos imos por tódolos xornalistas en folga?? TdR

  2. Anónimo dí:

    E que a cousa está moi maliña. O pan noso de cada día nesta profesión é a precariedade, contratos basura a través de ETT's, soldos míseros... Por non falar da politización das redaccións, casi sempre en mans dos comisarios políticos de turno... Parece que temos o que merecemos. Cando nos imos por tódolos xornalistas en folga?? TdR

Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -