Publicado por : Adycto
16 de novembro de 2006
Onte produciuse, por fin, a ansiada reunión entre o presidente da Xunta, o señor Touriño, e o lider do PPdG, o señor Feijoo, para falar sobre o Estatuto. A dichosa reunión, que se prolongou durante máis de tres horas en Monte Pío, serviu para que ambos lideres afirmasen que "existe a vontade de conseguir un acordo sobre a reforma do Estatuto no mes de xaneiro" e para que anunciasen o seu acordo para lograr que "o Estatuto de Autonomía de Galicia recolla unha fórmula identitaria coa que Galicia non perda estatus en relación ás demais nacionalidades históricas". Sobre o tema do "status" de Galiza, o señor Touriño insistiu a este respecto que a Comunidade Autónoma galega debe buscar “unha fórmula propia” porque Galiza, dixo, non vai “copiar” ningún estatuto de ningunha nacionalidade histórica. “O compromiso é buscar unha fórmula propia e axeitada en relación a Galicia, ás nosas circunstancias e que garanta en todo caso, que non perdemos estatus nin posición en relación con ningunha comunidade histórica”, concluíu Pérez Touriño en relación a este aspecto.
O presidente do PP, Mariano Rajoy, suliñou hoxe que a reforma do Estatuto galego non falará de «nación galega», e engadiu que «si inclúe o término 'nación' o recurrirá ante o Tribunal Constitucional». Nunha entrevista televisada referiuse así á negociación do estatuto, un día despois de que o presidente da Xunta e líder dos socialistas galegos, Emilio Pérez Touriño, e o líder do PP en Galicia, Alberto Núñez Feijoo, acordaran que o texto recolla unha fórmula propia que equipare Galiza ao resto de Comunidades históricas, de xeito que non perda rango.
Na reunión mantida por Touriño e Feijoo, ambos líderes acordaron que o Estatuto sexa unha garantía para resolver o déficit de infraestruturas que ten a nosa comunidade, recollendo un compromiso de investimento do Estado e, ademais, Touriño presentou unha proposta económica que recolle a creación dunha Axencia Tributaria, unha Comisión Mixta de Asuntos Económicos, un Fondo para a Dispersión e a Atención aos Residentes no Exterior e multiplicar por tres o Fondo de Compensación Interterritoria.
Sei que os aspectos económicos e de infraestructuras son moi importantes para Galiza e paréceme ben que o Estatuto sirva de garante para que as inversións do Estado en Galiza cúmpranse pero penso tamén que unha proposta que non recolla de maneira o termo nación no novo Estatuto sería un "paso atrás" para o autogoberno galego. Por certo, a exclusiva que mañá ofrecerá Xornal Aberto ten relación con este tema e con algún outro que os galegos levamos tempo preguntándonos.
Posto aquí este comentario aínda que non teña que ver ca nova porque non atopo outra canle: moito más moderno o novo diseño no visual; nembargantes, o acceso os contidos das distintas pestañas non o vexo cómodo para usuarios: confunde a redacción continuada dos mesmos, semellan unha frase única.
ok, tratarei de cambialo en breve
espero que así sexa do teu agrado Crisch...es que estaba a facer añinda os ultimos retoques