Publicado por : Adycto 28 de setembro de 2006


Segundo puiden leer na Vanguardia, un grupo de programadores bosniocroatas lanzaron un videoxogo que invita a "matar" aos candidatos presidenciais, a poucos días das eleccións no país (son o vindeiro domingo). O videoxogo, ao que podedes xogar premendo no link de máis adiante, chámase 'Kill the presidential candidate' e conta con moitos detractores pero ¿imaxinades unha versión galega do xogo?.

O videoxogo é moi sinxelo. Nunha pantalla preséntanse seis ventás, en cinco das cales aparecen e desaparecen rapidamente os candidatos dos diferentes partidos bosniocroatas sorindo.Usando o rato, os xogadores poden eliminar aos candidatos que menos lles gusten "disparando" sobre eles. Os xogadores dispoñen de 30 balas virtuais, pero deben disparar alo menos 20 veces ao mesmo candidato para poder eliminalo.

Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -