- Atrás »
- RUBALCABA:MISERABLE
Publicado por : Adycto
4 de maio de 2006
O outro día, facendo o parvo por internet, lembreime de que, hai algún tempo, alguén me dixera que se ías a páxina principal de google, escribías no caixonciño "miserable", poñías o marcador en "buscar sólo páginas en español", e logo clickeabas enriba do pulsador que pon "voy a tener suerte", aparecíache a páxina do senado no que estaba colgada a ficha do ex-ministro Acebes. Nese momento fixera a comprobación e era absolutamente certo, poñías miserable e aparecía Acebes.
Esta situación rematou, xa que, feita a proba hoxe, o que aparece cando realizas o proceso que antes vos comentaba, é a páxina do Congreso na que aparece a ficha do ministro do Interior Alfredo Pérez Rubalcaba. O inxenio vai por barrios. Haberá que seguir atento e mirar qué será o próximo que apareza.
PD: Para os que idean estas cousas, unha petición: ¿podedes facer que cando repitas o proceso e poñas "gafe" saia a páxina web de Carlos Sainz? E que me faría moi feliz.
No es por joder, pero sigue saliendo Acebes...
pois se probas no google ingles aparece
http://www.whitehouse.gov/president/gwbbio.html