Publicado por : Adycto 14 de marzo de 2006



Ás 15:15 horas do 13 de novembro de 2002, o petroleiro Prestige, que navegaba frente ás costas de Galiza, lanzaba un S.O.S. alertando das súas importantes dificultades. Despois de pasarse seis días á deriva acabou por afundirse orixinando unha das maiores catástrofes ecolóxica, económica e social da nosa historia.

Hoxe, nada máis e nada menos que tres anos e catro meses despois da catátrofe, o director xeral da Marina Mercante e presidente de Sasemar (Sociedade Estatal para o Salvamento e a Seguridade Marítima), felipe Martínez, dixo que "vamos estando preparados" para unha posible catástrofe como o "Prestige". Sobran as palabras.



Independentemente da nosa ideoloxía política, dos nosos sentimentos ante esta tremenda catástrofe vivida polo nosos país,independentemente de calquera cousa, estas declaracións, máis de tres anos despois do afundimento son a demostración de que a maioría dos galegos debemos de ser parvos, e como tal nos tratan os gobernos españois e autonómicos.

É inaceptable que o director xeral da Marina Mercante afirme, como fixo que "vamos estando preparados" para afrontar unha posible catástrofe como a acontecida co buque "Prestige" en novembro de 2002, e explicou que, actualmente, existe unha capacidade de resposta "importante", aínda que recoñeceu que, coas catástrofes "nunca se sabe".

Felipe Martínez explicou ante os medios, nun descanso da Subcomisión das Consecuencias do Prestige reunida no Congreso, que este ano teñen entrado en servizo dous buques polivalentes, e que outros dous están actualmente en construcción, polo que "al final de este año" pasaríamos de 80 metros cúbicos de capacidade de recollida en 2004 a 4300 metros cúbicos.

Ademáis, o director general de Marina Mercante sinalou que a ministra de Fomento, Magdalena Álvarez, informará dos " medios dispoñibles e dos que se incorporarán" nos próximos catro anos, enmarcados no Plan Nacional de Salvamento 2006-2009, que ten por obxectivo loitar contra a contaminación e previr situacións de emerxencia no mar.

Para concluir,o técnico de Comunicacións Marítimas, Antón Salgado, que acudía á Subcomisión como asesor independente, denunciou que o Plan Nacional de Salvamento 2006-2009 chega "con muchos años de retraso" e avisou de que van a estar "permanentemente encima" das autoridades marítimas para velar polo "desarrollo y la ejecución" del Plan.

Todas estas declaracións e explicacións parecen propias dos tres meses posteriores a unha catátrofe como a que sufriu Galiza, sen embargo, chegan máis de tres anos despois. Se nos foramos Cataluña, ¿comportaríanse así os políticos en Madrid connosco?, ¿esta é a labor do "goberno amigo" de Madrid?, ¿protestará o noso goberno polo retraso da aplicación do Plan Nacional de Salvamento en Madrid?, ¿protestará o BNG por este tema ou manterá unha postura institucional común coa presidencia da Xunta?, ¿tratará Nuñez Feijoo (o meu querido Balbino) de aproveitarse desto olivándose de que o seu partido desgobernaba Galiza durante a catástrofe e de que ninguén dese goberno dimitiu?....En breve teremos resposta para todo. Seguiremos atentos o tema e as declaracións que faga a sin par Magdalena Álvarez.

Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -