Junho 30, 2009

MICHAEL JACKSON

Por idade e esas cousas fun dos que tiven o privilexio de ver a ascensión e posterior baixada aos infernos do recentemente desaparecido Michael Jackson. A verdade é que nunca foi santo da miña devoción no aspecto musical, aínda que creo que é evidente que aportou moito á música, e no aspecto non musical da súa traxectoria vital: que dicir!! Como os medios de comunicación non deixan de falar del e, a pesares de que me gustaría moito máis escribir sobre o regreso á caverna hondureño, hoxe en Xornal Aberto: Michael Jackson.

Da morte de Michael Jackson, polo momento, hai pouco que dicir. Bueno, en concreto si que hai polo menos dúas cousas que dicir: unha, que a súa morte foi tan rara como o resto da súa vida e, outra, que como no resto da súa vida os familiares deben estar a frotarse as mans porque seguro que nestes días vende máis discos que nos últimos dez anos.

Canto a súa vida...que podemos dicir que non se dixera xa estes días? Como moito que, aínda que mudou de cor co paso dos anos, foi un dos primeiros negros que se converteu nun icono global e que ademais, supoño que moi ao seu pesar, o éxito chegoulle cando era negro e comezou a apagarse a súa estrela, pouco a pouco, a medida que ía mudando a blanco. Xa sei que non é moi orixinal pero e que, o demais, xa está todo dito durante os últimos días.

Unha vez cumprido o trámite de falar de Michael Jackson e, a espera de que termine a segunda parte da superreportaxe de Xornal Aberto sobre o AVE Galego, estes días paréceme que vai tocar falar das cousas que están pasando en Honduras e que, en moitos casos, están a chegar a nós de xeito bastante distorsionado...Falaremos estes días.

Ler máis...

Junho 22, 2009

FEIJ0009 PRESIDENTE (de España)


Ademais do choio novo, que non me deixa tempo para case que nada, ando tamén liado preparando as cousas para a boda do meu irmán así que o tempo para Xornal Aberto cada vez é máis reducido. Aínda así, hoxe toca escribir ago e vouno facer sobre un interesantísimo artigo titulado ¿Qué quiere Feijóo? e publicado hoxe no xornal El País por Antón Baamonde. Eu son dos que pensa que o de Feij009 na presidencia da Xunta non é máis que un peldaño na súa ascención á candidatura para a presidencia do goberno de España pero, ata o de agora, era só unha intuición sen moita firmeza nos argumentos. Despois de ler o artigo de Baamonde e analizar os seus argumentos sobre este tema quedo moito máis tranquilo. Coincido plenamente. Non deixedes de lelo.

Ler máis...

Junho 09, 2009

RESACA ELECTORAL


Xa quedaron atrás as eleccións europeas, esas nas que parece que non nos xogamos nada pero que logo teñen máis importancia que moitas das outras, e a resaca deixa lugar a moitos tipos de análise. En primeiro lugar, a nivel europeo, parece que a "dereita" gaña con rotundidade e que as opcións "socialistas" reciberon un duro varapalo. No tocante a España as cousas xiran entorno a dous polos: o do PP que fala de triunfo claro e o do PSOE que fala de derrota doce. A verdade é que eu son dos que pensaba (supoño que moitos dentros do PP tamén) que o partido de Madiano (nanano) íalle dar unha boa "mantida" ao de ZP, por esto da crise e esas cousas, e aínda que é certo que gañaron con claridade (case que catro puntos porcentuais); creo que os "genoveses" non andan contentos de todo. No caso dos sociatas, como ben explicou a secretaria xeral (eu son dos que pensa que é un robot), a derrota foi tal pero menos do que contaban co cal, tal e como están as cousas, é para darse cun canto nos dentes.




No caso de Galiza os datos son clarificadores. O BNG descendeu a cifras de apoio de hai 16 anos (seguen en caída libre), o PSdG aguanta o tirón e o PP de Feij009 segue en racha acadando cifras de apoio das que xa nos olvidaramos neste país. De feito en 288 dos 315 concellos galegos gañou con o PP (en nove de cada dez concellos), nas sete grandes cidades os votos obtidos achéganse aos necesarios para gobernar nas futuras municipais e, a nivel provincial, na provincia de Lugo os votos ao PP acadaron o 54%; na de Ourense o 55% e nas de Pontevedra e Coruña o 49%. Casi nada. Voltamos a datos doutras épocas.


Con estes datos pouco hai que dicir: o terremoto Feij009 segue en marcha....

Ler máis...